A #AxendaCostadaMorte trae un adianto do outono

08:15 15/09/17

Festival Xiria Pop
- O Xiria Pop - o festival dos festivais da Costa da Morte - cumple 2o anos. Serán oito as bandas que suban ao escenario da Sala Dublín entre hoxe e mañá, nuns días nos que ademais, como novidade, a música compartirá protagonismo coa poesía.
Festa da Pataca en Coristanco
- Esta fin de semana - 16 e 17 de setembro - ten lugar a XXXVII Festa da Pataca de Coristanco. Unha cita singular na que a pregoeira será Lupe Blanco, a nova regueifiera de Bergantiños.
Festas
- Fátima de Cambeda. En Cambeda, Vimianzo, honran estes días á virxe da Fátima. Despois da verbena de onte, hoxe será o turno das orquestas Ciudad Cristal e Ritmo Joven.
- Festas de Castriz. Hoxe arrancan as festas de Castriz con forza, coa festa do Calimocho e o Combo Domicano. Mañá será día de Santa Rita e o domingo, macro sesión vermú e verbena.
- Festas en Carnota. En Carnota celebran hoxe e mañá as festas das Dolores e da Virxe do Carme. Mañá actuarán o grupo Soprano e a disco móbil Fabrik.
- Festas en Sardiñeiro. En Sardiñeiro (de Arriba) están mañá e o domingo de festas. Haberá verbena, sorteos e incluso degustación de callos.
- Festas das Dores en Verdillo. A orquesta Ceniza será a encargada de amenizar a sesión vermú e a verbena que hai mañá en Verdillo.
- Festas de Coluns. Na parroquia de Coluns, en Mazaricos, están mañá e o domingo de festas nas que haberá moita música a carggo das orquestas Triunfo e Estrellamar.
- Festas de Rus. Na parroquia carballesa de Rus honran mañá a santa Eufemia e o domingo a san Mateo de Rus (día no que haberá unha gran pulpada).
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. Visita guiada e demostración do funcionamento dos batáns e muíños todos os sábados e domingos ás 13 e ás 18 horas.
- Sala Antón Mouzo. A artista Teresa Candal expón Matriz, unha mostra pictórica “metáfora do nacemento” na que o corpo da muller é o protagonista. Pódese ver na sala Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, até o 20 de setembro. O horario en agosto é de luns a venres de 9 a 15 horas; e en setembro de luns a venres de 9 a 20 horas e os sábados de 9 a 13 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre venres, sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Outras citas
- Cine en Fisterra. Hoxe, ás 20:30 horas, o salón de actos do concello de Fisterra acolle a proxección da película "Encallados". A cita está dirixida ao público adulto.
- Encontro Literario. Hoxe, mañá e o domingo terá lugar en Fisterra o I encontro literario internacional que leva por título “Atlántico e Mediterráneo: Mares de Palabras”, organizado polo concello xunto co grupo editorial Sial Pigmalión, a asociación cultural Concilyarte e o centro galego de Valencia.
- O Encaixe no Camiño. Dende hoxe e ata o domingo celébranse en Camariñas unha xornadas sobre "O Encaixe no Camiño". Durante estes días a vila conserveira vestirase de medieval e terá un programa completísimo con rutas gastro-medieval polos bares, recreacións históricas teatrais, citas para os peques, música…
- Concerto no Semáforo. Hoxe, ás 2o horas, haberá un novo show da Bakin’Blues no Semáforo de Fisterra con Edu Manazas e LAR Legido como convidados.
- Federico Pérez en Mazaricos. "A noite do capador" é o título do espectáculo que ofrece mañá, ás 22 horas, Federico Pérez no auditorio da Casa da Cultura da Picota.
- I Certame Gandeiro Cabalar. O antigo recinto da feira de Santa Comba acolle o domingo un certame estará cargado de actividades entre as que se atopan un concurso cabalar de razas puras e cruzadas, exhibicións ecuestres, un espectáculo de danza a cabalo que terá lugar ás 18 horas e unha ruta cabalar polo municipio xalleiro.
- XXII Festa dos Maiores de Cee. O domingo celébrase a xuntanza de confraternidade de maiores de Cee no pavillón municipal de Cee.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)