Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte volve cargada de festa e bo tempo

A #AxendaCostadaMorte volve cargada de festa e bo tempo
axenda-costa-da-morte-17-agosto-2018 2 O bo tempo e as festas seguen instalados na #axenda da Costa da Morte. Así que antes de debullar cada un dos eventos desta fin de semana, vemos o parte costeiro de Meteogalicia.

Meteogalicia

Despois dun xoves gris, o venres amence con ceos algo anubrados, pero o día vai comezar a abrir pronto, quedando unha fermosa tarde solleira, igual que o sábado e o domingo. O único problema poderá ser o vento do nordés, que pode soprar forte nas tardes de venres e sábado, así que escollede unha praia abrigada.

Festas

  • Festas de Laxe. Esta noite rematan as festas de Laxe cunha verbena amenizada polo grupo Bomba e Dilema.
  • Festa Galega e Feira Medieval en Malpica. As rúas de Malpica serán esta fin de semana un fervedoiro de xente con estes dous eventos. Catro grupos referentes da música galega pasarán estes días pola vila.
  • Festas de San Roque en Muros. Esta fin de semana chegan ao seu fin as festas de San Roque de Muros nas que non faltará a gastronomía nin o ambiente musical.
  • Festas de San Roque de Moraime. En Moraime, Muxía, celebran mañá a romaría de San Roque na que non faltará a troula.
  • Festas de Traba, en Coristanco. Mañá e o domingo, na parroquia coristanquesa de Traba celebran as festas do Carme nas que haberá actos litúrxicos e tamén actuacións musicais.
  • Festas da Saleta en Muros. Dende mañá e ata o domingo, en Tal (Muros) celebran a festa da Saleta que arranca cun concurso e degustación de tortillas.
  • Festas en Olveira. En Olveira, Dumbría, celebran este domingo as festas do Carme.

Outras citas

  • Naufraxio en Laxe. As festas de Laxe chegan hoxe ao seu fin cunha das citas máis importantes da programación: o naufraxio e a posterior procesión marítima que será esta mañá despois da misa das 12:00 horas. Este é unha das festas da Costa da Morte declarada de Interese Turístico.
  • XVIII Festa Folk na Fin do Camiño. Mañá o festival folk da Anchoa chega a súa maioría de idade cun cartelazo. A partir das 22:00 horas actuarán Birimbao, Os da Porfía, Sés e Los Niños de los Ojos Rojos (Nor).
  • Verán Cultural en CarballoEsta noite, a praza do Concello de Carballo recibe a "Píscore"; un concerto singular que comeza ás 22:oo horas.
  • Camariñas, O Mar Todo. Camariñas énchese esta fin de semana de actividade coa feira "Camariñas, O Mar todo". Consulta o completo programa aquí. 
  • Arte e Vermú na Casa das Pepitas. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, abre novamente esta fin de semana as súas portas como ocasional galería de arte. Faino cunha exposición que poderá visitarse os venres, sábados e domingos entre as 12:00 e as 14:00 horas.
  • Iluminación na Fervenza do Ézaro. Mañá, entre as 23:00 e as 00:00 horas, a fervenza do Ézaro volverá a iluminarse.
  • Á EsCeena. este sábado arranca en Cee a IV Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee ”Á EsCEEna!”. As primeiras actuacións son o sábado, coa obra de teatro "Sénior" e o domingo con "A Cabeza do Dragón".
  • Ruta dos Pinchos en Corme. Trece establecementos hostaleiros de Corme ofrecen mañá a IV Ruta de Pinchos con propostas moi apetecibles que servirán entre as 12:00 e 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas.
  • Concentración de Coches Clásicos en Laxe. Este domingo ducias de coches clásicos concentraranse en Laxe. Durante toda a trade poderán verse pola vila.
  • Master Class con Kepa Junquera: O recoñecido acordeonista Kepa Junkera impartirá este domingo, a partir das 12:30 horas unha master class en Dombate.

Visitas teatralizadas

  • Castelo de Vimianzo. Todos os domingos de xullo e agosto, o Castelo de Vimianzo oferta unha visita guiada teatralizada da men de Os Quinquilláns. Hai dous pases; un ás 13:00 horas e outro ás 17:00 horas. Esta é unha actividade gratuita e dirixida a todos os públicos.
  • Dolmen de Dombate. Todos os sábados de xullo e agosto, os visitantes do Dolmen de Dombate que o fagan ás 18:00 e ás 19:30 horas poderán asistir a unha amena e divertida lección de historia e antropoloxía ao redor de Dombate a través dunha visita teatralizada guiada por Os Quinquilláns. A entrada é de balde e está dirixida a todos os públicos.
  • Torres do Allo. Os domingos de verán os antigos habitantes do pazo das Torres do Allo cobran vida coa visita teatralizada que se ofrece de forma gratuita ás 19:30 horas. A ela pode asistir todo tipo de público e a entrada é de balde.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. Ata o 31 de agosto, as instalacións do faro Vilán abren de 11:00 a 21:00 horas de luns a domingo. A entrada é de balde.
  • Museo Man de Camelle acolle durante os próximos días a exposición “Mar de Fábula: unha viaxe de cinco anos”, da asociación Mar de Fábula.
  • Lonxa de Fisterra. A lonxa de Fisterra acolle a exposición “Arte desde a reciclaxe. Reciclaarte”, de Luis Ares Roca, que se poderá ver no horario da subasta (de luns a venres de 16:30 a 20:00 horas) ata finais do mes de agosto.
  • Fábrica de Sel de Muros acolle unha mostra de pintura de catro artistas locais.
  • O hotel Bela Fisterra acollerá os próximos días a exposición escultórica “Da arribada” do corcubionés Guillermo Lourido. A inauguración da mostra é hoxe ás 19:00 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios