A Biblioteca Rego da Balsa abre as súas portas aos escolares nun pioneiro programa de visitas guiadas


Por algo é a segunda biblioteca galega en número de préstamos e por algo está seleccionada para o premio María Moliner. Porque a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo está tremendamente viva. E uns dos culpables da súa vida vivaracha son <.
Foron un total de 906 escolares de catro a seis anos de idade participaron ao longo do mes de outubro no programa de visitas guiadas á Biblioteca carballesa. Unha ocasión fantástica para ensinar un recurso cultural único na Costa da Morte. Alumnos e alumnas dos colexios Bergantiños, Fogar, A Cristina, San Luís Romero, Artai, Nétoma-Razo, Gándara-Sofán, Canosa-Rus e CRA Ponte da Pedra participaron nunha iniciativa que incluíu unha visita guiada pola zona infantil e unha función de contacontos cos ratiños da biblioteca.
Ademais, cada un dos cativos levou como agasallo un libro dos Bolechas no que poderán seguir descubrindo outros interesantes recursos do concello carballés.
Máis visitas
Agora tocaralle ao alumnado de secundaria. Ao longo de todo este trimestre, rapazas e rapaces dos institutos carballeses acudirán á Biblioteca Rego da Balsa para realizar un percorrido polos espazos que teñen á súa disposición e participar nun xogo de busca de información no que non está permitido o uso de Internet, de xeito que teñen que utilizar outro tipo de soportes para atopar os datos que precisan.
Espectacular o traballo desta Biblioteca, pioneira en Galicia, con case 1.500 usuarios semanais.
Novas relacionadas
- A biblioteca Rego da Balsa seleccionada para o premio María Moliner polo seu proxecto de animación á lectura.
- O alumnado dos colexios carballeses visitan a biblioteca Rego da Balsa
- A biblioteca Rego da Balsa ocupa o segundo posto galego en préstamos
- #ABiblioPréstame.
- O edificio dos 100 actos.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo