Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A biblioteca Rego da Balsa acolle dúas novas presentacións

A biblioteca Rego da Balsa acolle dúas novas presentacións
actividades biblioteca rego da balsa carballo A primavera chega con novas citas na biblioteca Rego da Balsa de Carballo poucos días despois de inaugurar o seu exitoso "curruncho pop". A primeria delas será este xoves, 31 de marzo, día no que Arantza Portabales presentará “A Celeste la compré en un rastrillo”; uns microrrelatos cargados de contradicións que da vida cotiá, de sorpresas, da faísca de vida que provocan as relacións humanas. Este encontro servirá tamén para coñecer outra obra desta autora, “Sobrevivindo”, Premio de novela por entregas “La Voz de Galicia” 2015. A cita será ás 19 horas no auditorio da biblioteca. E xa en abril, concretamente este venres día 1 ás 19:00 horas, Álvaro Antelo presentará a sua opera prima “Entremeses”, un poemario que dirixe ao lector ao descubrimento do descoñecido, do prohibido, o imaxinario e o erótico. Novas relacionadas Fonte

Comentarios