A borrasca marca o ritmo da #AxendaCostadaMorte
07:15 15/04/16
Ainda co susto no corpo despois da manga mariña que o pasado mércores cruzou o litoral da Costa da Morte, semella que algún fenómeno similar a éste marque o ritmo da #AxendaCostadaMorte da fin de semana. Segundo indican dende 4gotas.com, "é menos probable, pero risco hai". Así que antes de ver a actividade cultural programada para estes días na bisbarra dámoslle un repaso ao parte costeiro:
O prognóstico para o domingo aínda non está 100% claro. Semella que haberá moitos máis momentos de claros e só haberá risco de chuvascos treboentos pola tarde, especialmente nas comarcas do interior da Costa da Morte e en Bergantiños, sendo moito menos probables entre Fisterra e Muros.
De calquera xeito, na páxina web de 4gotas.com están os prognósticos actualizados por se houbera cambios. Coa borrasca tan preto, a pouco que se mova, cambian bastantes as predicións".
Teatro
"A fin de semana seguirá marcada pola presenza da borrasca que leva unha semana ao noroeste de Fisterra. Seguirá alí toda a finde e volverá a enviar unha "filla", non tan activa como a da madrugada do xoves que deixou refachos de 137 km/h en Fisterra pero si que nos deixará un venres e un sábado con bastantes chaparróns.
Os de hoxe comezarán ao final da mañá e caerán no mediodía e na tarde con posibilidade dalgunha treboada, especialmente cara ao final do día. Seguirán os chuvascos na madrugada do sábado e durante gran parte do día haberá posibilidades de treboadas e dalgunha saraibada ocasional.
- Santa Comba: O auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba acolle hoxe a obra de teatro "A vida é unha película" protagonizada polos membros da asociación de Mulleres Rurais de Santa Sabiña. A cita comeza ás 22 horas.
- Vimianzo: Leo Bassi trae mañá á casa da Cultura de Vimianzo o seu espectáculo "Utopía". Bassi, que xa estivo fai uns anos en Corcubión, fará a través da súa obra unha visión máis que crítica co mundo e coa sociedade actual. O espectáculo, que se inclúe dentro da programación cultural do concello de Vimianzo - comeza ás 21 horas.
- Cee: Fran Núñez, de Limiar Teatro, interpretará mañá na casa da Cultura de Cee a obra "Don Quixote Gastronómico". O prezo das entradas é de 3 e 5 euros e o público debe ser maior de 13 anos. Este espectáculo inclúes dentro da programación cultural do mes de abril do concello ceense.
- Santa Comba: A actividade cultural regresa o domingo ao auditorio do Edificio Multiusos co teatro de monicreques "A viaxe de Rosalía". O espectáculo, que se enmarca dentro do programa falaRedes, comeza ás 18 horas.
- Camariñas: Maña comeza en Camariñas a 4ª edición do Programa Andainas Coñece a Costa da Morte. Nunha ruta lineal, os camiñantes coñecerán o interior e a costa do municipio camariñan. A marcha arranca ás 10 horas. ¡Unha boa oportunidade para coñecer os recunchos da Costa!.
- Camiño dos Faros Inclusivo: Mañá ponse en marcha o I Camiño dos Faros Incluvivo, grazas á organización das ANPAS e coa colaboración da asociación O Camiño dos Faros. A cita comeza ás 15:30 horas cunha quedada na praia da Urixeira, en Neaño - Cabana de Bergantiños -.
- Terceira etapa do Camiño dos Faros: Ponteceso-Laxe. O domingo, ás 10 horas os tran@s partirán da praza de Ponteceso para iniciar o camiño que os separa de Laxe. Mañá os trasn@s quentarán motores cunha pre-etapa en Laxe.
- A terceira etapa da Primavera en Ruta da asociación Senda Nova discorrerá polas terras de Malpica. Concretamente por Cerqueda e Cambre. Os participantes percorrerán 17 quilómetros, de dificultade media-baixa, para coñecer a costa máis agreste.
- Ponte do Porto: O pub Bridge da Ponte do Porto abre de novo hoxe as súas portas a partir das 18 horas. Os asistentes poderán degustar primeiro duns pinchos e logo desfrutar das versións dos 80 e 90 a cargo de Versus.
- Fisterra: De Vacas - que xa estiveron en máis ocasións pola Costa da Morte - traerán o seu repertorio mañá á praza da Constitución de Fisterra (en caso de mal tempo, a cita trasládase ao salón de actos do concello). O espectáculo comeza ás 20 horas.
- Santa Comba: Carmen Blanco presenta ás 18:30 horas no auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba, o seu último libro: "O Volframio en Varilongo". Este traballo está ambientado nas minas de Santa Comba de Xallas do ano 1941 ao 1963.
- Exposición fotográfica Cee: Do 16 ao 29 de abril, a sala de exposicións da casa da Cultura de Cee acolle a exposición fotográfica "Unha ollada dende Muros ata Cee" a cargo de Rosa Gallardo.