A Casa da Cultura de Cee xa ten programa de actividades para os vindeiros 4 meses

Por fin. Este venres 13 de marzo terá lugar a inauguración final da Casa da Cultura de Cee, despois de 15 anos de retraso tras retraso (esta semana, por certo, faremos un completo repaso á historia da CCC). Xa ca Biblioteca funcionando dende o mes pasado, toca rematar e estrear o auditorio, xa cun plan de actuacións completo, armado pola Concellería de Cultura, da man de Víctor Castiñeira.
Serán as forzas vivas culturais locais as que estreen esta necesaria infraestrutura, e será o teatro galego de primeira liña o gran protagonista deste primeiro programa cultural que encherá de actividades estes vindeiros 4 meses ata xuño de 2015.
Un completo programa
A inauguración do Auditorio será o venres 13, coa actuación da Banda de Música de Cee e da Coral Polifónica Neria-Costa da Morte. Ademais abrirase o telón das exposicións do XI Premio de fotografía Luís Ksado, e outra cas esculturas de Alberto R. Costa.
O sábado 14 toca teatro, co Método Gronholm, de Talía Teatro, por fin na casa. Volverán coller o relevo da Mostra de Teatro os bravos de Talía, con esta infraestrutura? Parécenos que non só depende dos medios senón tamén dos apoios…
O domingo será día de actuacións locais, coas xentes de Terra de Sena, de Fumes do Cal de Ameixenda, da SCD de Brens, das Pedras Miúdas de Lires, e cos Grupos de Pandeireteiras de Pereiriña, Gures, Toba, Brens e do Cenntro Social, ademais do grupo Petaforte da Pereiriña.
Será a Gala dos Premios Nordés o día 19, o 21 toca teatro con APP Creacións e o 27 Festival da Escolad e Música. Pecharase marzo cos Títeres Cachirulo para a tarde noite do sábado 28.
Abril será o ciclo de teatro adulto, que arrincará o sábado 4 con Acontrabutaca Produ. e o 11 con Apalabra creacións Escénicas.
E unha parada emotivateremos o domingo 12 de abril, co recital de Manolín co grupo de baile Xaldón, do que xa falaremos.
Teatro do Morceto estará o sábado 18 e Os Sete Magníficos máis 1 o sábado 25, tendo ademais eses dous domingos festivais do centro social.
Maio arrinca o día 2 con Sarabela Teatro e coa estrea da Obra Rosa Caramelo e outras historias de Talía Teatro, para o domingo 3.
Xa o venres 8 e o sábado 9 de maio, toca o 70º congreso da Sociedade galega de Obstetricida e Xinecoloxía. Para o sábado 9 de maio toca música, co concerto Galicia Meiga a cargo de Lorena Lores. Será esa unha semana completa, con funcións teatrais os mércores 13, xoves 14, venres 15 e sábado 26 de maio. E volverá Talía ser protagonista coa súa Sopa de Sapo o sábado 23, repetindo o luns e mércores para os escolares. Remata maio o sábado 30 de cos Monicreques de Kukas e o domingo, teatro local coa Escola de Teatro de Cee, dirixida por Artur Trillo.
Xa en co Festival de Fin de Curso da Escolad e Música para o 19. O sábado 20 toca o Grupo de Teatro de Lires ca presentación da obra “Non hai ladrón que por ben non veña”. E para o xoves 25, nova obra da Escola municipal, desta volta da man de Toño Casais.








Nova a nova
- 20-02-15: A nova Biblioteca da Casa da Cultura de Cee xa recibe usuarios.
- 31-10-14: A eterna última achega para a Casa da Cultura de Cee.
- 22-09-14: A Casa da Cultura de Cee estará lista por Nadal.
- 14-08-14: “Espero que nuns meses poidamos gozar da Casa da Cultura de Cee”.
- 07-07-14: 348 butacas para a casa da cultura de Cee.
- 05-11-13: Ogando realizará as obras da posta en funcionamento da Casa da Cultura de Cee.
- A Operación Orquesta por Concellos (IV): Cee.
- 26-03-13: A Casa da Cultura de Cee abrirá a medias.
- 15-02-13: O último impulso á Casa da Cultura de Cee?.
- 31-08-11: Repaso ao sumario da Operación Orquesta (VII): Falseando a Casa da Cultura.
- 25-03-11: A Casa da Cultura de Cee abre por fin as súas portas.
- 07-09-10: Última partida para a Casa da Cultura de Cee.
- 13-01-2009: Cee emprega o Fondo Estatal na Casa da Cultura e nas parroquias.
- 30-09-08: O Ministerio dá un novo impulso á Casa da Cultura de Cee.
- 18-08-07: A Casa da Cultura de Cee rematarase no 2009.
- 12-09-07: A Deputación axudará para a finalización da Casa da Cultura de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).