Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia

A Costa da Morte segue lonxe dos primeiros destinos de Galicia
Un turista pedindo informacion na Oficina de Turismo do Ezaro unha das poucas que funciona-Foto-Maria Lema

Analizamos hoxe os datos do Instituto Galego de Estatística sobre a demanda turística de Galicia segundo o destino do viaxeiro. Uns datos que apuntan que no 2012 as noites en aloxamentos turísticos de Galicia situáronse en 7.946.701. Unha cifra reseñable, pero da que a nosa Costa aínda participa pouco.
Uns datos que nos poden facer reflexionar sobre se o estamos facendo ben. I é que coa materia prima que temos en forma de natureza virxe (das zonas salvaxes de toda España), patrimonio cultural, autenticidade etnográfica... é inconcebible que a día de hoxe esteamos tan baixos.

Exemplos podémolos atopar a todos os niveis. Dende a escaseza de puntos de información turística, a multipresencia en feiras como a Fitur, as leas protagonizadas polos entes de xestión que provocan quedar fóra dos circuitos da Xunta, a falta de atención de puntos estratéxicos como o Faro Fisterra, a competencia desleal, a falta de apoio institucional a accións tan interesantes como o Camiño dos Faros, a falta de interese en promocionar turismo de autocaravanas ou sendirista... E así pasaríamos o día sen solucións á vista.

Os datos que nos baixan da nube

Mapa ca porcentaxe de noites por destino en Galicia

Polo de pronto, a Costa da Morte non se sitúa nin preto dos catro grandes focos de atracción turística en Galicia: os concellos que bordean a Ría de Arousa, Terras de Santiago, A Coruña e As Mariñas e a Ría de Vigo e Baixo Miño. Estas catro zonas por si soas representan o 64,1% das noites rexistradas en Galicia en 2012.
A Costa da Morte, co 3,1% das pernoctacións en todo o país, ocupa unha discreta 10ª praza, detrás de zonas como a Mariña, Lugo e Terra Chá ou as Terras de Ourense e Allariz.

As cifras non melloran se só comparamos os destinos costeiros do país, e aí a nosa bisbarra supón o 5% das noites globais, quedando só por riba da ría de Muros e Noia, pero por motivos puramente de dimesións xeográficas.

Visitantes de fóra de Galicia

Outro dato interesante é que o 60% dos nosos visitantes chegan dende fóra de Galicia, sendo a media o 71%, demostrando que o peso do turismo foráneo supera ao galego.

Baixa presión turística

Segundo os indicadores, a nosa bisbarra segue a ser pouco explotada turísticamente. O indicador de poboación, que relaciona o Número de noites e a poboación do destino, sinala que estamos lonxe de zonas como A Coruña ou a Ría de Arousa, chegando estes a 2,16 visitantes por cada 100 residentes habituais, mentres na nosa bisbarra o dato é de 0,53 turistas por cada 100 residentes.

Clara Estacionalidade

Estudio do Google Trend da marca Costa da Morte-Fonte-Abertal

Un estudio de Abertal Network a través das búsquedas en Google dá conta da estacionalidade do noso turismo. Un estudio básico que nos trae os picos do verán e de Semana Santa, e que demostra que o 2013 foi malo.

Máis información

Taboa da Ocupacion no 2011 dos Aloxamentos turisticos na Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios