Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros

Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros

Se vades a ver un faro ou unha praia e de súpeto aparecen 427 trasnos ataviados cun forro verde pistacho, non vos asustedes, unídevos. A terceira edición do Camiño dos Faros arrincaba este domingo 23 de febreiro coa primeira das oito etapas, unindo Malpica e Niñóns todo polo litoral. E se as primeiras edicións eran da orde dos 100 os participantes, esta terceira posta en escena dunha ruta creada na rede rompía marcas con 427 trasnos chegados dende todos os puntos de Galicia, fora dela e de Portugal.

427 trasnos polo Camino dos Faros

Un Camiño que se está a converter nun dos grandes dinamizadores turísticos da Costa da Morte, focalizando o seu esforzo na desestacionalización, un dos cabalos de batalla do sector. Os bares e pensións da zona case que puxeron o cartel de cheo ante a marea de trasnos. Un camiño que xa está sendo unha realidade fóra das camiñadas artelladas pola xa creada Asociación Camiño dos Faros, xa que as pasadas semanas foron varios grupos de sendeiristas santiagueses os que percorrían, sen o guía Traski, a ruta.

Ante a espectación creada nas redes sociais, a Asociación preparou actividades mesmo para a noite do sábado, e foron unhas 40 persoas as que disfrutaron dunhas charlas, duns viños con pinchos, un pequeno paseo ao solpor, e un traskiconcerto. Ás 0:00 para cama que ás 9:00h arrincaba a ruta.

E o fixo facendo novos "trasnosocios" da Asociacion, para arrincar cos sons da gaita galega do porto malpicán, cos 427 trasnos que ocupaban todo o Paseo Marítimo de Malpica dende o Caldeiron a Canido...
Non houbo problema algún, o tempo respostou cun día estupendo e o mar cabreado facía que os visitantes máis lonxanos disfrutasen co espectáculo natural que tantas alegrías nos ten que dar.

Os 427 trasnos non entraban na foto

Últimas novas

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios