A Costa da Morte vólcase coas Letras Galegas

15:04 17/05/18

Camariñas
- Gala: A casa de Pedra de Camariñas acolle mañá, 17 de maio, a gala de entrega de premios do certame literario das Letras Galegas organizado polo concello de Camariñas.
Carballo
- Intensísimo programa en Carballo ao redor das Letras Galegas. O concello e varias entidades locais uniron forzas para ofrecer unha gran variedade de actividades entre as que haberá unha lectura pública e colectiva das obras de María Victoria Moreno, música, concurso de pintura, teatro,... Consulta todo o programa aquí.
- Festival Contra-Letras no Casino. O renovado Casino1889 de Carballo celebrará durante os próximos días 16 e 17 de maio o singular Festival Contra-Letras.
Carnota
- "Maio, mes das letras" é o nome do programa cultural posto en marcha polo concello de Carnota e no que está incluídas varias actividades. Mañá haberá unha sesión de contacontos - "O paroleiro" - para a rapazada de 3 a 12 anos.
Cee
- I Encontro de Acordeonistas de Galicia. A casa da cultura de Cee acolle hoxe, ás 12:30 horas, o I concerto de acordeonistas no que participarán músicos chegados dende Cedeira, Santiago, Pontevedra e Ourense.
- IX FestiLires. A partir das 20:00 horas do sábado, 19 de maio, a música encherá Lires. Durante o XI Festilires subiránse ao escenario os gaiteiros de Pedras Miúdas, a orquesta Tombalobos, a regueifeira Lupe Blanco, Proxecto Nordés, De Vacas, Tanxugueiras e a Compañía do Ruido.
Corcubión
- O grupo “As Rinchonas” da Universidade Popular de Corcubión actúa este venres no especial de Luar das Letras.
Dumbría
- Dentro do programa +Qlibros este sábado haberá no edificio Bitácora de O Ézaro unha sesión de Títeres a partir das 17:30 horas.
Fisterra
- O concello de Fisterra concentra hoxe e mañá as actividades programadas ao redor das Letras Galegas. Hoxe, o alumnado do IES Fin do Camiño e do colexio Nuestra Sra. del Carmen participou nunha sesión de música. E mañá, 17 de maio, o salón de actos acolle a partir das 20:30 hroas o espectáculo "Pan con chocolate" de Saleta Fernández.
Laxe
- O concello de Laxe ten programados varios actos para estes días con motivo das Letras Galegas. Hoxe, ás 17:00 horas haberá unha sesión de cine en familia e en galego no salón de actos municipal. Xa o domingo, Saleta Fernández interpretará (ás 19:00 horas) a obra "Pan con chocolate" e o luns celébrase o día do Peñón na braña de Soesto. Consulta o programa completo aquí.
Mazaricos
- Camiñada das Letras: Unha camiñada por Beba, capital cultural mazaricá, será a actividade que o Concello de Mazaricos artella para este 17 de maio. Unha cita para homenaxear a catro escritores nados nesta aldea mazaricá, Francisco Suarez Salgado, Xesús Romero Suárez, Manuel González González e Silvestre Gómez Jurjo.
Muros
- O Centro Cultural de Muros acolle estes días varias actividades con motivo das Letras Galegas e dirixidas a todos os públicos.
Ponteceso
- Festiletras no Couto. A pequena aldea de O Couto acolle dende hoxe e ata o domingo unha nova edición, e xa van 36, do Festiletras. Tanxugueiras, Sés, e Terbutalina son os nomes musicais que máis soan, pero ademais estarán xentes como o científico baiés Jorge Mira, as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, Xurxo Souto, Xabi Solano…
- Mercado Pondaliano. Os empresarios de Pontecesos unen forzas e organizan un novo mercado pondaliano con pinchos, descontos, mercado artesanal e tirolina!
Santa Comba
- O concello de Santa Comba puxo onte en marcha a súa Primavera Cultural moi vencellada ás Letras Galegas. O programa comeza o 15 de maio coa entrega de premios do XIX Concurso Redacción para escolares. A seguinte cita será o día 22 cunha obra de teatro da man de Baobab.
Vimianzo
- Festa das letras en Pasarela: A asociación de Veciños de Pasarela - AsVePa -, xunto co concello de Vimianzo, organizan a Festa das letras na que haberá teatro e música e baile tradicional. A cita comeza ás 16:30 horas.
- Actividadades para crianzas: O concello de Vimianzo desenvolverá estes días varias actividades dirixidas aos veciños e veciñas máis novos.
- Ao son da Muiñeira: Varios grupos de música e baile tradicional da comarca participarán nun desfile polas rúas de Vimianzo. Logo, actuarán na praza do Concello. O evento ponse en marcha a partir das 16:30 horas.
Zas
- Dentro do programa cultural "Maio, mes das letras 2018" argallado polo concello de Zas, están programadas para estes días varias actividades. A próxima será este sábado, ás 18:00 horas, coa obra de teatro infantil "Alén" e que, á súa vez, forma parte das representacións da III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose".
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)