Xoves. 19.09.2019
El tiempo

A crianza con "Apego" ponse en marcha

A crianza con "Apego" ponse en marcha
O concello de Carballo presentou as citas do programa Apego para os meses de abril, maio e xuno O concello de Carballo presentou as citas do programa Apego para os meses de abril, maio e xuno Dende o pasado sábado, a familia Apego medrou na Costa da Morte coa incorporación ao programa por parte dos concellos de de Mazaricos, Muros, Ponteceso e Vimianzo. Precisamente onte, o concello de Carballo dou a coñecer a programación para os vindeiros meses de abril, maio e xuño que, pola experiencia de outros anos, soen ter moito o éxito. "Resulta moi reconfortante ver o vestíbulo do Pazo da Cultura cheo de carriños de recéns", cunha resposta do programa "altísima" e "cunha acollida extraordinariamente positiva", manifestou Evencio Ferrero durante a presentación do programa Apego. apego carballo Este domingo terá lugar unha das convocatorias que se inclúen nestre programa. Así, o pazo da Cultura acolle ás 18 horas un espectáculo de clown, danza e funambulismo sobre as emocións da man de Up2Down. O espectáculo está dirixido para nenos e nenas a partir de 3 anos e o custe da entrada é de 3€ (2€ para as persoas con desconto). Máis de cen familias carballesas e mil en toda Galicia son xa familias con Apego, unidas arredor do programa para a socialización en galego da infancia: "pola vida e pola lingua". Todas elas están inscritas nesta iniciativa - dirixida a familias que están agardando un bebé ou que teñen crianzas de 0 a 6 anos - que cada vez ten máis adeptos e que as citas de Carballo case sempre colgan o cartel de completo. A concelleira de Normalización Lingüística, Inés Rodríguez, debullou as actividades que o programa Apego garda para as próximas semanas e entre as que destacan os xa habituais contacontos na Biblioteca Rego da Balsa; propostas especiais como a maxia e a música entre libros de Martín Camiña e Álvaro Muras; concertos con Fran Amil ou o BiblioCanta; obradoiros para que as nais e pais aprendan a educar e a comprender mellor ás súas crianzas; ou o peche xa o 16 de xuño cos contos musicados de Servando Barreiro. Todas as citas, excepto a danza coa compañía Traspediante o domingo 17 de abril, que custa 3€ (2€ prezo especial con desconto) son de balde. Accións para crianzas de 0 a 6 anos Dende a súa posta en marcha, o programa Apego consistiu na realización de accións centradas nas crianzas de entre 0 e 6 anos, mais que abranguen os diferentes contextos da vida dos nenos e nenas. Deseñáronse e distribuíronse materiais específicos, organizáronse actividades, achegáronse argumentos, información e recursos, etc., para as familias e para os profesionais. En todas as accións do proxecto resalta a valoración positiva da lingua e a necesidade de que colectiva e individualmente nos comprometamos con este herdo para que no futuro as nosas cativas e cativos poidan seguir gozando del. Para que todos "gocen con que en galego estamos no mundo", en verbas do alcalde. Máis información Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios