martes. 13.05.2025
El tiempo

A Deputación vólcase cos servizos sociais e a contratación turística

A Deputación vólcase cos servizos sociais e a contratación turística

83 concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia, entre eles todos os da Costa da Morte excepto Carballo, beneficiaranse do programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais da Deputación da Coruña. Trátase dunha nova edición da súa liña de axudas para dar asistencia económica ás entidades locais na execución das súas competencias en materia de servizos sociais. Con este programa, subvenciónanse os gastos dos profesionais dos servizos sociais comunitarios municipais entre os que se inclúen persoal técnico ou persoal do servizo de axuda no fogar.

As contías máximas previstas para os concellos neste programa son:

ConcelloContía
Cabana31.572,68 €
Camariñas 71.088,81 €
Carnota31.572,68 €
Cee 52.994,50 €
Corcubión52.994,50 €
Coristanco42.128,12 €
Dumbría37.573,65 €
Fisterra 53.027,07 €
Laxe37.586,97 €
Malpica 51.502,50 €
Mazaricos51.502,50 €
Muros52.994,50 €
Muxía 65.023,07 €
Ponteceso 33.097,25 €
Santa Comba 75.578,52 €
Vimianzo 51.107,54 €
Zas52.586,24 €

Axudas de contratación de persoal de turismo

Os concellos teñen ata o 15 de marzo para optar ás axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal de turismo. A Deputación da Coruña financia as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística.
O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios