A Escapardura de Javi Turnes en QPC publícase en papel
10:30 29/05/12
Unha alegría ver como as columnas de QPC se convirten ao papel. Así, dende xa podemos atopar as Escarpaduras de Javi Turnes nun novo libro editado por Axóuxere.
"Un libro íntimo e poderoso. Unha indagación a cabalo entre o poético, o filosófico e case o autonarrativo".
O libro, como podedes comprobar, consta de varios artigos-reflexións que o filósofo de Portomouro afincando na Costa da Morte (vive en Sardiñeiro e dá clase no IES Fernando Blanco) viu publicando en QPC entre o 2010 e o 2011. Un libro que sitúa, unha vez máis, á Costa na vangarda do pensamento, como todas as actividades que artella na nosa bisbarra, achegando ata a nosa periferia as mellores cabezas de toda a península.
Así definen en Axóuxere o libro:
- Hai voces que proceden do espazo intermedio do mundo, dese espazo que non está aquí, pero tampouco alí. Ese espazo que nace cando todo é abandonado, cando todo deixa de ter o sentido que (historicamente) tivo. Cando todo perde o ritmo común, cando o cotián se fai outra cousa máis escura, e cando todo o que sempre fomos deixa de ter peso. Cando iso sucede, un atópase na Escarpadura. Ese mundo nin-alto-nin-baixo, ese mundo (coma na Emboscadura de Ernst Jünger ou nos paseos delirante-poéticos de Thoreau) que é coma un ensoño. Un ensoño no que a nosa andaina común se cuestiona, e comezamos a interrogar por aquilo que está alá, despois daqueles montes, alá, naquela visibilidade luminosa na que parece atinxirse unha claridade maior.
Máis información
Podes mercalo, por 8€ en:
Artigos de Javier Turnes en “A Escarpadura”
- O pobo e a unidade perdida.
- “Sen título”.
- Discontinuidade e Recoñecemento.
- Aquelo que resta.
- Habitar.
- Tarxeta de Nadal.
- Quebra.
- Teoloxía e Política.
- Dúbida.
- O arsenal dos instantes eternos.
- Vacacións.
- Non_saber.
- A vangarda pedagóxica chega á Costa.
- Sagrado.
- Derrota.
- Inxenuidade.
- A concordia entre a potencia de interrogar e a potencia de vivir.
- Paisaxes incomprensibles pero necesarias.
- Crise, representación e espectáculo (I).
- A búsqueda do poder.
Outras novas
- A música e a filosofía fundíronse coa paisaxe da Costa da Morte.
- Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte.
- A Costa segue pensando e disfrutando a música.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).