A forza do Camiño para un peregrino danés
Impresionante, como moitas outras moitas, a historia deste peregrino danés que nos fai reflexionar, unha vez máis, do simbolismo do Camiño. Un home maior, que, en dúas ocasións e con máis de 40 días enriba dos seus vellos pero nunca cansos pés, chegou á nosa fin do mundo.
Coñecemos a Jorgen Haffgaard a través dunha italiana namorada da Costa da Morte, Chiara Laia. Topou con el en varias ocasións, todas sobre as baldosas amarelas que marca o tesouro do Camiño de Santiago. "Este home sempre me sorprende", destaca a propia Chiara, "coa súa idade, a súa formación e experiencias de vida que tivo (era profesor de enxeñería na Universidade e traballou tamén nunha grande empresa) a humildade que ten, e a poesía coa que mira o mundo".
Nós tamén queremos traelo a QPC para destacar a potencialidade do Camiño, o simbolismo, a emotividade que xenera en todas esas persoas que chegan con 1.000 quilómetros enriba, sen aparatellos, sen distraccións, sen traballo que amole... 1000 quilómetros de trato humano senporsen para chegar ao Finisterre con gañas de cambiar o mundo. Ou a propia vida, que non é poico.
Así lle aconteceu a Jorgen, que unha vez retirado lanzouse dende Saint Jean Pied-de-Port un 31 de agosto de 2007. Desta volta marchou sen cámara nin aparatos que puideran "disturbar a vida do Agora" durante a viaxe. "It became the most wonderful experience in my life", valoraba Jorgen. O contacto coa xente (iso que chama o "Camino-family", o disfrute da natureza, a reflexión persoal... fixeron que nin unha vez se sentise só, moito menos dende logo que na súa propia vida normal. Así chegou á Catedral de Santiago a pesar de varios problemas que "fixeron do camiño unha verdadeira peregrinación".
Pero quedou tan entusiasmado que aló polo 1 de setembro de 2008, arrincou de novo dende o porto francés, e desta volta con destino o Atlántico. Desta volta si levou cámara, para "poder explicarlle a miña fascinación polo Camiño aos meus achegados, que sempre me preguntan aquelo do "Por que hacer dúas veces esta exhausta tontería dúas veces?".
"Foi de novo unha experiencia marabillosa e as memorias dos dous camiños son tesouros para min". Tanto que mesmo ten creado as “My Camino Songs”, versos cos que lle gustaría adicar a toda a "Camino-family por esa especial aura de felicidade e armonía en amizade e sen fronteiras".
Agora fala, publica na rede, cóntalle aos seus achegados o incrible da experiencia... Un boca a boca que vale o seu peso en ouro en materia turística. A ver cando nos imos decatando do que todo esto implica para a Costa da Morte e o coidamos como se merece. E sen máis, uns versos de Jorgen:
Doloridos Pescozos!
Xeonllos e patas!
Dentada de bechos!
Perda de peso!
Destino de fame!
Atrás cando tugs!
Luz do FaroObxectivo en vista!
Cabo de rochas!
"Finis -Terre":
Descansa e cóidate
de plans e reloxos.
- Buen Camino, amigos!.
Novas relacionadas
- “Se a Semana Santa foi un preludio do verán, o sector hostaleiro temos que estar encantados”.
- Manuel Vilar: A peregrinación de George Grisaphan: de Fisterra a Irlanda.
Máis novas do Camiño
- Unha ruta “galitaniana” por todo o litoral da Costa da Morte.
- As Auroras fan brillar o Camiño dende San Martiño de Ozón.
- Castromiñán, o tesouro agochado.
- Necesidades do Camiño.
- Dumbría coida o Camiño.
- Unha documental “holística” sobre a Costa da Morte.
- Sentindo o Camiño.
- O Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.
- O Albergue dos 100.000 peregrinos.
Terminar o Camiño no Mar, con De la Riera
- Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII. Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae (VII). Lendas e tradicións. O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).