mércores. 14.05.2025
El tiempo

A mocidade galega coñece a Costa da Morte

A mocidade galega coñece a Costa da Morte
Galiza Nova ven a Costa da Morte

Estes 27, 28 e 29 de setembro, as XXIV Xornadas de Verán da Mocidade Galega que artella Galiza Nova terán lugar na Costa da Morte. A entidade organiza tres completos dúas de actividades na nosa bisbarra con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, deporte,formación, concertos… Todo, para coñecer a verdadeira Galicia.

Así, o venres 27 chegarán a Carnota pola tarde dende Compostela, e os alcaldes do BNG da zona daranlles á benvida no Salón de Actos do Concello. Farán un obradoiro sobre Reivindicación e muralismo para, ao remate, disfrutar da Cea-festa “Galeoke: Baila, canta, móvete polo País”.

O sábado participarán no Roteiro reivindicativo polo Monte Pindo “Do negro ao verde”, xantarán en Mar de Lira, e pola tarde disfrutarán dunha sesión completa: Recital poético a Rosalía na praza Castelao de Lira, visita á reserva mariña, unha palestra sobre "Soberanía GZ" e festa musical.

Para o domingo, toca comezar coa visita á Fervenza do Ézaro. Achegaranse a Corcubión para coñecer a rúa de Moncho Reboiras, farán un roteiro en barco polo de Fisterra, cunha palestra abordo sobre catástrofes mariñas, con Manolo García (ex alcalde de Carnota, Rafael Mouzo (ex alcalde de Corcubión), Bieito Lobeira (Plataforma Nunca Máis) e Luís Rodríguez (Patrón e presidente da Asoar-Armega). Xantarán na praia Langosteira para escoitar a Manuel Gago falar no Faro sobre a fin da terra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios