A música protagoniza a #AxendaCostadaMorte

08:15 09/06/17

Festas
- Na Pereira celebran hoxe as festas do Carme cunha verbena amenizada pola orquesta Xacobeo e pola discoteca móbil CDC.
- A peña muradana Celtista Cuadrilla Pepa Loba celebra mañá a romaría mariñeira de Muros cun tinte celtistta. Haberá paseo de embarcacións, sesión vermú, concertos, contacontos, xogos, regueifas, monólogos, exposicións…
- A parroquia ceense de Xallas celebra mañá e o domingo as festas na honra a San Antonio. A verbena do sábado estará amenenizada pola orquesta Olympus, mentras que o domingo haberá pasarrúas e sesión vermú.
- No Aplazadoiro (Laxe) celebran tamén esta fin de semana as festas de San Antonio. Os actos litúrxicos misturaranse cos musicais, dos cales se encargarán as orquestas Nebraska, Aramio e o dúo Calú.
- A parroquia vimiancesa de Carnés tamén conmemora o San Antonio cunha sesión vermú amenizada por Ritmo Joven que compartirá escenario á noite coa disco móbil CDD.
- En Vilamaior (Santa Comba) honran este domingo a San Antonio cunha misa solemne, pasarrúas e sesión vermú e verbena a cargo do grupo Élite.
- En Lira, Carnota, celebran mañá as festas na honra da Señora dos Remedios. Haberá misas durante a mañá, sesión vermú amenizada polo grupo Dilema, pola tarde hinchables de vlaete e verbena a cargo do grupo Dilema e do Combo Dominicano.
Rutas de sendeirismo
- As Andainas Costa da Morte visitan mañá o concello de Mazaricos para coñecer a ruta da Pontenova; un roteiro circular de 13 quilómetros de distancia. A expedición arranca ás 10 horas da casa do concello (A Picota).
Teatro
- Este domingo, o auditorio de Baio acolle a clausura da VI escola municipal de Teatro para adultos do concello de Zas. O elenco de actores interpretarán a partir das 18:30 horas a obra "Unha de romanos".
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Gastronomía
- I ruta de Pinchos Mariñeiros de Laxe. Trece locais hostaleiros de Laxe e varios comercios xúntanse esta fin de semana para participar na I ruta de pinchos mariñeiros na que a gastronomía e os descontos serán os principais protagonistas do sábado e do domingo.
Outras citas
- O Curruncho Pop da biblioteca Rego da Balsa de Carballo chega mañá ao seu fin. Faráo da man de Joserra Rodríguez, unha das persoas que máis sabe de Bob Dylan en Galicia, para ofrecer un monográfico sobre o universal músico. Para asistir é necesario reservar praza enviano un correo electrónico ao enderezo biblioteca@carballo.gal ou no número de teléfono 981 758 580.
- XV encontro de Corais en Baio. A igrexa nova da vila acolle mañá, ás 21 horas, un o XV Encontro de corais organizado pola AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mella. Participarán o coro xoven da ESMU Pepe Valiña de Baio, a Coral Ecos de Bergida de Cacabelos (León), a Coral Stella Maris de Nigrán (Pontevedra) e a anfitrioa Coral Xan Mella que estreará o tema “Chiquitita” de Abba.
- A biblioteca de Muxía acolle hoxe o espectáculo "A viaxe de Toribio". A cita é ás 17:30 hora e a entrada é de balde.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)