A música volve encher o Salón de Plenos do Concello de Carnota


Coma sempre, un ano máis, cheo absoluto no Festival de Nadal da Escola Municipal de Música de Carnota. Onte mércores 19 de decembro celebrouse a tradicional festa musical e un salón de plenos do Concello ateigado de xente, desfrutou dunha hora e media de música variada e de grandes artistas.
Explicaron os mestres que neste festival sempre son protagonistas os alumnos/as máis pequenos da ESMU, deixando aos maiores para o de fin de curso.


Houbo actuacións de solistas, instrumentistas, corais, agrupacións e combos, pero a “guinda do pastel” puxérona a Coral Polifónica da ESMU xunto co grupo de Folk da ESMU, que achegando diferentes estilos musicais, lograron porlle os pelos de punta a máis de un no público.
A partir do venres 21 a ESMU pecha por vacacións, retomando as clases o martes 8 de xaneiro de 2013.
Novas relacionadas
- Carnota promove unha nova feira de produtos locais.
- Verán 2012: Cheo absoluto no fin de curso da Escola de Música de Carnota.
- Verán 2012: Carnota non esquece as raíces.
- A Escola de Música de Carnota salvada con apoio empresarial.
Fonte
- Escola de Música de Carnota.