Luns. 16.09.2024
El tiempo

A nova compañía teatral Carballo Animundis estrea o seu primeiro espectáculo

A nova compañía teatral Carballo Animundis estrea o seu primeiro espectáculo
Benjamin Queijeiro explica o nacemento de Carballo Animundis

Estamos de noraboa na escena teatral costeira. Temos unha nova compañía de teatro, a recén creada Carballo Animundis estrea o seu primeiro espectáculo, un musical para público infantil, estedomingo 30 de novembro no Pazo da Cultura. Non podemos esquecer que para que nazan esta clase de propostas, ten que haber un bo caldo de cultivo, e unha gran actividade cultural como a da capital carballesa, cun Festival de referencia como o FIOT, son ideais para que agrome a cultura.

Foi Benjamín Queiro, alma mater da compañía, e moi vencellado ao mundo cultural bergantiñán, o que presentaba en sociedade á compañía emais a obra. A compañía, formada xente carballesa ou residente na vila. A compañía aposta non só pola música, senón tamén polas novas tecnoloxías e os elementos audiovisuais, con seis artistas (un actor, unha actriz e catro músicos) enriba do escenario, e tres técnicos detrás. Carlos Sante está na dirección; Manuel Dourado na imaxe e son; María Alejandra Rodríguez detrás da escenografía; e Ramón Santos, que ten traballado para compañías como Yllana, no vestiario. Os actores son Anita Baker e Keke Diez.

A primeira obra, tamén “Animundis”

A primeira obra da compañía ten nome homónimo. Trátase dun musical para todos os públicos, pero especialmente para nenos e nenas de 3 a 10 anos, no que os maiores gozarán tanto coma os cativos de composicións que van do funky, ao swing e ao rock. "Animundis" narra a conmovedora e divertida historia de Bim "o pingüín frioleiro" e Kiwi "o paxaro que non pode voar". Os dous teñen un soño e farán todo o posible para conseguilo nunha educativa obra na que os risos están asegurados, mais que amosa, así mesmo, as eivas dunha sociedade intolerante grazas á utilización non só da música menos convencional, senón tamén das novas tecnoloxías multimedia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios