Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Primavera enDanza chega a Carballo con cinco espectáculos para todos os públicos

A Primavera enDanza chega a Carballo con cinco espectáculos para todos os públicos
Marcos Trigo e Evencio Ferrereo presentaron o programa da Primavera enDanza Marcos Trigo e Evencio Ferrereo presentaron o programa da Primavera enDanza Carballo mantén dende hai xa catorce anos o ciclo estable de danza contemporánea máis lonxevo de Galicia, e tamén un dos poucos que poden localizarse no territorio. Manten a vocación coa que naceu, a de achegar a danza contemporánea á veciñanza escollendo entre as mellores propostas de Galicia e foráneas para derrubar a concepción de que a danza é algo elitista e exclusivo. De feito, os cinco espectáculos do programa, que, coma sempre, reserva unha cita para os máis cativos e cativas, mesturan a danza co teatro, coa música en vivo, co clown ou mesmo co circo para desbotar a idea de que a danza é algo lonxano ou académico e achegar un concepto máis multidisciplinar e próximo. Entre o 2 e o 22 de abril, e coincidinco coa celebración o 29 de abril do Día Mundial da Danza, catro compañías galegas e unha catalana invadirán os escenarios do Pazo da Cultura, pero tamén a rúa, os institutos ou mesmo os espazos de exposición artística de Carballo. Son La Macana, Airenoar, Javier Martín, Traspediante e Mar Gómez. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, debullaron os detalles do programa nunha rolda de prensa na que quixeron subliñar tanto o importe dos prezos para asistir aos espectáculos, cunha cita de balde e catro ás que pode accederse cun bono de tan só 10 euros; como a necesidade de "persistir en determinadas iniciativas", en verbas de Ferrero, xa que "Carballo ten a vocación de ser un escaparate do mundo da cultura". Confía en que o fiel público do auditorio do Pazo responda á convocatoria para asistir a unha actividade "creativa e de relaxación". Programa Respecto dos espectáculos máis polo miúdo, de La Macana, que terá lugar o 2 de abril, hai que destacar a súa vocación internacional, con participación non só galega, senón tamén catalana, belga e alemana. Precisamente o espectáculo chegará a Carballo despois da súa estrea en Alemaña, e ofrecerá tan só tres funcións en toda Galicia, unha delas en Carballo. Airenoar - 8 de abril  - é unha compañía galega de recente creación que inclúe elementos de acrobacia, danza e circo no espectáculo do seu mesmo nome. A compañía galega Javier Martín, que actuará o 15 de abril, ofrece unha cita gratuíta, patrocinada pola Deputación. O espectador é parte activa desta cita que adianta o horario habitual das propostas ás 20.00 horas e que está patrocinado pola Deputación da Coruña. O domingo 17 chega a cita para os máis cativos e cativas, pero tamén para toda a familia con Traspediante, que ofrece clown, funambulismo e danza. E Mar Gómez - 22 de abril - pon o peche dende Cataluña. Trátase dunha compañía con máis de 20 anos de traxectoria, das máis importantes de España, e que xa visitara Carballo en 2004. Actividades paralelas Ao longo do festival, as compañías de danza realizarán presentacións dalgúns dos espectáculos participantes no programa no Xardín Municipal de Carballo. O venres 8 de abril será a compañía Airenoar e o xoves 14 de abril Traspediante. As dúas citas están previstas para as 13.00 horas. Ao remate de cada espectáculo terá lugar un encontro dos espectadores con coreógrafos e directores para falar que acaban de presentar e dar a coñecer o seu proceso de creación e achegar a linguaxe da danza ao público. A creadora Laura Tova que exporá no andar -1 do Pazo da Cultura parte da súa obra, na que abordará con gran sutileza a temática do movemento e as emocións que evoca e transmite a danza. A novidade deste ano son os obradoiros de danza comtemporánea impartidos pola compañía La Macana. Están destinados a público novo e adulto; son libres e gratuítos. As inscricións poden facerse no 981 704 300. Por último, os institutos de Carballo tamén contarán coa visita da compañía de Javier Martín o venres 15 de abril. Novas relacionadas Fonte

Comentarios