Sábado. 22.01.2022
El tiempo

A rede cultural pon a disposición dos concellos máis de 2000 espectáculos

A rede cultural pon a disposición dos concellos máis de 2000 espectáculos
O principal obxectivo da Rede Cultural é achegar a cultura a toda a poboación O principal obxectivo da Rede Cultural é achegar a cultura a toda a poboación Éxito total na convocatoria despois de que a Deputación da Coruña incrementase nun 30% o orzamento destinado á Rede Cultural e chegando así aos 1.400.000 € . En total rexistraronse 2.381 solicitudes, entre propostas e entidades, das que 1299 corresponden a espectáculos profesionais e 519 a non profesionais, quedando as que faltan á espera de completar documentación. Foron 550 entidades, empresas e compañías as que participaron na convocatoria do presente ano. Na anterior edición, foron 1035 as iniciativas de profesionais e 464 as de non profesionais que concorreron á Rede Cultural. "O resultado da convocatoria é un dos indicadores que avalan a relevancia da Rede Cultural tanto para achegar á cultura ao vivo a toda a poboación a través de actividades como para un dinámico sector cultural que precisa posibilidade de achegar os seus espectáculos ao público, en especial nos pequenos concellos que teñen máis dificultades para programar cultura", sinalou a vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei. Unha das novidades desta edición foi a incorporación do cinema que se suma a actividades como música, artes escénicas e títeres e danza. Trece proxectos de cinema foron rexistrados nesta nova edición da Rede que valora entre os seus criterios a promoción da lingua galega e o fomento da igualdade de xénero nos espectáculos. Novas relacionadas Fonte

comentarios