A SEMESCOM dá a benvida ao 2013 cun libro sobre os Cruceiros da Costa da Morte


Como vén sendo habitual o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM)volve sacar á luz diferentes publicacións co fin de promocionar o patrimonio cultural e paisaxístico da Costa da Morte, e faino grazas ao proxecto singular Percorrendo Vieiros da Costa da Morte subvencionado pola Deputación da Coruña.
Nesta ocasión trátase da publicación dun libro "Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte", comezando cunha escolla dos cruceiros máis singulares da Terra de Soneira e do occidente da comarca de Bergantiños, dada a gran cantidade de cruceiros existentes no noso territorio e a ampla extensión xeográfica da Costa da Morte, deixando aberta así a publicación dunha segunda parte cos cruceiros da comarca de fisterra e os pertencentes aos concellos de Mazaricos e Carnota.
Non se pretende facer unha descrición exhaustiva de todos os cruceiros existentes no noso territorio, senón unha síntese ou percorrido polos cruceiros máis significativos ou os que presentan algunha particularidade. A autoría do libro pertence a José Mª Laredo Codornié e Xosé Mª Lema Suárez.
Documental A romaría da Barca

A romaría da Barca foi, e é, a romaría por excelencia da Costa da Morte. Mais co paso do tempo as romarías van perdendo o seu carácter tradicional e de devoción para deixar paso á festa. A conservación da tradición é o que leva ao Seminario de Estudos Comarcais a editar este documental, son moitos os lugares da nosa xeografía que foron perdendo a tradición das romarías quedando simplemente coa festa que en torno a ela se celebraba.
A Barca é a nosa romaría, xunto cos Milagres de Caión, a que goza de maior sona en toda Galicia, e como tal debemos intentar conservala. Manuel Vilar Álvarez é o director e guionista do documental.
Publicacións da SEMESCOM
- Calendario 2011: Unha de Cruceiros co Seminario de Estudios Comarcais para abrir o 2011.
- Calendario 2010: Os cabazos da Costa nun calendario
- Calendario 2009: Un calendario cos hórreos máis senlleiros da Costa.
- O Seminario de Estudos Comarcais presenta en Vimianzo o novo libro sobre os Cabazos da Costa e da Barbanza.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- O laxense Juan Antonio Posse: un crego liberal e vangardista.
- Renovando a arqueoloxía castrexa dende Vimianzo.
- O apagón do torreiro.
- Xosé María Lema Suárez, Presidente da SEMESCOM: Vítor H. Brandalise, un brasileiro seguindo os pasos do caderno de campo do xeógrafo Domingo Fontán por Galicia.