Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Torre dos Mouros: Un proxecto de recuperación arqueolóxica en Carnota

A Torre dos Mouros: Un proxecto de recuperación arqueolóxica en Carnota

Foi un veciño o que hai un mes daba a voz de algo había aló enriba. E un dos meirandes divulgadores culturais do país, Manuel Gago, acodía á chamada. Efectivamente, trátase dun novo castro ou fortificación o que hai no Monte do Castro en Lira. Denominada a Torre dos Mouros nalgúsn textos antigos.

Esta semana, o Concello de Carnota e un grupo de veciños e especialistas. anuncia que pon en marcha o "Proxecto Torre dos Mouros". Un proxecto de recuperación do patrimonio que aspira a "desentrañar todos os misterios deste tesouro arqueolóxico de procedencia aínda ignota", como valoran dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Este pasado venres 11 de maio, o Concello de Carnota artellaba unha xuntanza no Salón de Actos da Casa Consistorial para explicar exactamente en que vai consistir este proxecto, no cal vai cobrar unha importancia moi destacada a acción voluntaria.

O proxecto coñecíamolo hai un par de semanas, e podedes pasar por Capitulo 0, o blog de Manuel Gago, para coñecer o lugar.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios