Venres. 29.03.2024
El tiempo

Agosto esquece o galego

Agosto esquece o galego
Hermanager Producions utiliza o logo da Plataforma Queremos Galego para facer esta reflexión gráfica sobre as constantes afrentas á nosa linguae Hermanager Producions utiliza o logo da Plataforma Queremos Galego para facer esta reflexión gráfica sobre as constantes afrentas á nosa linguae Menudo mes este de agosto para a lingua galega. Serven as redes sociais para visibilizar diferentes formas de maltratar a nosa cultura, e este mes levamos colleitado varios episodios sobre os que cómpre reflexionar. Cousas que aconteceron tamén a nivel persoal, como esa visita dunha familiar de Castela, que se refire ao galego como que “parece un idioma de chiste”, pola súa obvia similitude co castelán, pero esquecendo que ambas linguas son irmás, non nai e filla. En clave de país, puidemos ler a esperpéntica entrevista a Sés do Faro de Vigo, en castelán, facendo incidencia do seu cabreo sobre o tema da lingua. Un artigo que só pode ser culpa ou ben dun redactor cabreado co seu propio medio, ou ben por mor da cerrazón sen igual dun medio obsoleto. De medios tamén vai ese despido de ‘El Correo Gallego’ a un traballador por un chío en Twitter apoiando unha causa lingüística. Un asunto moi complicado que nos axuda a recordar que a existencia de medios en galego é compromiso de todos, de toda a sociedade, non só dos medios que formamos a Asociación de Medios en Galego e que aportamos as nosas Vitaminas para o galego, para facelo útil, e polo tanto, noble. Vineta de Luis Davila sobre o episodio de Blablacar ca lingua Curiosa foi tamén a situación ca se atopou un usuario galegofalante no BlaBlaCar, e que tan ben recolleu Luís Davila… Unha situación que demostra o poder do medo mediático, esa sensación que provocan os medios “españolistas” sobre os falantes das outras 3 linguas históricas, coma que todos os que falamos en euskera, catalán o galego, somos tan ignorantes e irrespetuosos para non falarlle en castelán a unha persoa que non entende esas linguas. Será que pensan na situación entre un castelán-falante e un turista inglés? Outra que atopamos estes días polos xornais ten que ver con decisións xudiciais, máis graves aínda. O feito de que un xuíz ditamine que se pode chegar a ”Perder a custodia por ir a Galicia o Cataluña”, utilizando os “supostos” problemas ca lingua para medrar dun xeito san, fan levantar todas as alarmas. Quen está levando o debate lingüístico ao extremo?

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios