Venres. 26.04.2024
El tiempo

Andainas, gastronomía, cine, música e o sol enchen de actividade a #AxendaCostaDaMorte

Andainas, gastronomía, cine, música e o sol enchen de actividade a #AxendaCostaDaMorte
Comeza a ulir a Semana Santa na #axenda da Costa da Morte. Ésta será unha fin de semana cargada de actividades para todos os públicos con rutas de sendeirismo, rutas gastronómicas, cine, charlas, foliada, concertos,... E como sempre, un factor clave da axenda é o tempo. Así que antes de facer plans, revisamos o parte costeiro de 4gotas.com. A situación para hoxe está moi clara: día de verán! Apenas haberá vento e lucirá o sol con máximas que superarán os 20ºC en toda a Costa e mesmo entre Fisterra e Muros achegaranse aos 25. O máis probable é mañá a situación non teña ningún cambio e as principais dúbidas céntranse no domingo, ou máis ben, a partir do domingo. O domingo achégase unha borrasca desde o Atlántico.O máis probable é que circule paralela a costa atlántica galega, en dirección a Lisboa. Do preto que pase de nós, dependerá o tempo que teremos e 20-30 km de diferencia nese desprazamento deixarán un día de sol con algunha nube e moi boa temperatura ou un día con aumento das nubes e treboadas na tarde. O mais probable é a primeira situación, pero a segunda aínda ten opcións, así que a mellor opción e seguir atentos á evolución dos prognósticos en www.4gotas.com.

Rutas de sendeirismo

  • As Andainas Costa da Morte percorren mañá o concello de Cee a través dun roteiro lineal de 11 quilómetros de distancia de dificultade media. Sairán ás 10 horas do paseo alcalce D. Pepe Sánchez de Cee.
  • Este domingo continúa a 8ª edición da Primavera en Ruta cun percorrido polo "Coristanco Histórico".  Os camiñantes descubrirán os principais puntos do municipios nos 21 quilómetros que camiñarán.
  • “Descubrindo a Manfred Gnädinger” é un roteiro de catro quilómetros organizado polo concello de Camariñas para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para mañá sábado ás dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construiu o artista.

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
  • Exposición no Museo do Alemán. Do 12 de abril ao 1 de maio o Museo do Alemán (Camelle) acolle a exposición “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Nas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.

Semana Santa

  • Hoxe comezan os actos da Semana Santa en Fisterra. O primeiro dos actos será aás 20 horas cunha misa solemne e a continuación a procesión da virxe das Dolores acompañada pola banda municipal de Cee.
  • O programa da Semana Santa de Fisterra continúa mañá coa peregrinación ao Santísimo Cristo que concluirá ás 20 horas cun oficio relixioso na igrexa de santa María das Areas.
  • E xa o domingo terá lugar a procesión da Entrada Triunfal de Xesús a Xerusalén unha vez que se bendizan os ramos; acto que será ás 11:15 horas.
  • A comisión de Festas de Laxe dálle a benvida á Semana Santa cunha verbena na que actuarán o grupo Triunfo e soará a música da disco-móbil Impaco. A cita é mañá na praza dos Voluntarios da vila a partir das 23 horas.

Concertos

  • Curruncho Pop. A biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle mañá o concerto de Elena Setién - que presenta o seu último disco "Dreaming of Earthly Things" - e de Amparo Arias - co seu estilo folkie misturado coa bossa nova e o pop -. A cita comeza ás 20:30 horas.
  • Foliada en Cerqueda. Os amantes do folclore galego teñen mañá unha cita en Cerqueda da man da asociación Raigañas. As escolas de As Pozacas acollen a XI Foliada que xuntará a grupos de toda a bisbarra a partir das 22 horas. Antes (ás 20 horas) serán os máis pequenos de gozar da 5ª Foliadiña.
Gastronomía
  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
  • Festa da tortilla en Corme. Trece bares da vila participan este venres e o próximo na ruta do pincho do Bocado Divino. Con cada consumición repartirán un bocado de tortilla gratis.

Outras citas

  • Homenaxe a Roberto Mouzo en Vimianzo. Amigos, familiares e compañeiros rendiranlle unha homenaxe mañá a Roberto Mouzo Lavandeira. Alí estarán Xosé María Lema, Manuel Rivas, Manuel Antelo, entre outros, para inaugurar unha exposición que mostra parte da súa obra. Os actos comezarán ás 20 horas na casa da Cultura de Vimianzo.
  • Dentro do programa Reláxese, esta tarde - entre as 17:30 e as 19 horas - terá lugar no museo do Mar de Laxe a proxección de fotografías antigas pertencentes ao fondo fotográfico Vidal e que leva por título "Laxe na memoria".
  • Obradoiro Maruxa Mallo en Muxía. A biblioteca municipal conmemora o día das artes galegas co obradoiro Maruxa Mallo que terá lugar mañá a partir das 17:30 horas.
  • Cine en Santa Comba. O auditorio do edificio multiusos acolle mañá ás 20:30 horas a proxección do filme "Lobos sucios" rodoado nas minas de Varilongo. Ademais, presentarase a curtametraxe "Metamorsosis no Instituto" feita polos alumnos do IES Terra de Xallas.
  • Noite poética en Cee. O Rock Corner Bar de Cee (rúa da Calzada) acolle mañá unha Noite Poética coa presencia de grandes poetas da zona como Suso Bahamonde, Ricardo Souto, Álex López, Claudia Castro, Óscar de Souto, Branca Vilela e Xaime Trillo.
  • Conferencia histórica en Laxe. Xosé María Lema Suárez falará mañá ás 12 horas en Laxe sobre a "Vida e obra de Jun Antonio Posse, o crego liberal de Soesto". A cita enmárcase dentro da programación de Reláxese, posto en marcha polo concello.
  • Cine en Muros. O auditorio do centro cultural de Muros acolle mañá ás 21:3o horas a proxección da película "A palabra xusta". O custe da entrada é de 3€.
Fonte

Comentarios