Martes. 23.04.2024
El tiempo

Arteixo tamén se rinde a Asunción Antelo

Arteixo tamén se rinde a Asunción Antelo
Exposicion sobre Asuncion Antelo A emotiva exposición "Eu nacín antes de tempo", despois da súa estrea na Galería Garabato de Carballo, pega un salto e leva o nome e a historia de Asunción Antelo ata Arteixo. Será a Libraría "Á lus do candil", rexentada polo poeta fisterrán Modesto Fraga, realizará a inauguración este vindeiro sábado 27 de outubro a partir das 19.00 horas, nunha cita na que participarán algúns dos artistas que forman parte da exposición. "Eu nacín antes de tempo" recolle a obra de máis de trinta creadores da Costa da Morte, ou vinculados á Rexoubeira de Bergantiños, entre os que destacan Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Peter Schneider, Milagros Cotelo, Xan Fernández, Modesto Fraga, Rosalía Fernandez Rial, Nolo Suárez ou Mercedes Queixas.
A exposición poderá visitarse na libraría Á lus do candil desde o sábado 27 de outubro ata o 27 de decembro do presente ano.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-pila-de-arte-concentrada-por-asuncion/

Comentarios