As exposicións permantes enchen de actividade a #AxendaCostadaMorte

03:10 13/01/17

- A tenda Stoupa (siuada a 100 metros do cemiterio vello de Cee) acolle unha exposición escultórica do ceense Manuel Canosa. Pode visitarse de martes a sábado en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas e os domingos de 11 a 14 horas.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño.
- O faro Vilán acolle ata o 26 de febreiro a exposición "Casa de Luz, grabados" de Mariano Castillo. Pode visitarse en horaio de 11 a 14 e de 16 a 18:3o horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Tras a proxección do documental "Kaolines de Lage, S.L.", o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní ofrecerá unha conferencia no museo do Mar de Laxe ás 19 horas de mañá sábado. Esta actividade enmárcase dentro do programa Relaxese que pretende desestacionalizar o turismo.
- En Entrecruces (Carballo) celebra este domingo unhas grandes festas. Haberá sesión vermú e verbena co grupo Atenas.
- Festival en Corcubión. Mañá sábado, a casa da Cultura de Corcubión acolle a partir das 20 horas un festival or
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)