As festas chegan á #AxendaCostadaMorte

06:15 02/06/17

Festas
- Camelle acolle dende hoxe e ata o domingo as festas do Espíritu Santo. Kienlodiría, Son d'Vigo, Israel Espectáculo, Nebraska, Atenas,... serán as formacións encargadas do verbeneo.
- En Olveira (Dumbría) celebran mañá as festas de Santa Lucía. A verbena estará amenizada polas orquesta Jerusalén e Gran Parada.
- Na Pereiriña, en Cee, teñen todo organizado para a gran xuntanza da xuventude de mañá. Haberá porco ao espeto e durante a verbena actuarán Ritmo Joven e Capitol.
- En Muros (Campo de Cortes) celebran dende mañá e ata o luns as festas do Espíritu Santo.
- O Sporting Seaia organiza para este sábado a festa do socio cunha boa churrascada a partir das 20:15 horas.
- Fisterra acolle as festas do Buen Suceso durante hoxe e mañá onde non faltarán os actos litúrxicos nin a música.
- En Lamas (Zas) celebra esta fin de semana as festas da Milagrosa. Palladium, Dilema e Trova serán os encargados de amenizar o baile.
- A París de Noia amenzará a verbena de mañá en Coiro (Mazaricos) dentro das festas do Anxo da Garda. A festa continuá o domingo.
Teatro
- O salón de actos do concello de Fisterra acolle esta tarde - ás 20 horas - a mostra de teatro de fin de curso do taller municipal. A programación continúa o domingo, día 4, no porto da vila co show "Mellor, Mellor" de Gallaecia All Stars.
Rutas de sendeirismo
- As Andainas Costa da Morte percorren este sábado os muíños de Cambeda, no concello de Vimianzo.
- A 8ª edición da Primavera en Ruta de Senda Nova remata este domingo cun roteiro - de 22 quilómetros - que discorre polo río de Sofán.
Exposicións permanentes
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
Gastronomía
- Carballo por Etapas. Esta fin de semana chega a 5ª edición do Carballo por Etapas. 19 establecementos ofrecerán tapas especiais por 1,5€.
Outras citas
- Laxe acolle mañá dúas citas dentro do programa Reláxese. A primeira é as 11 horas cunha conferencia de Bartolomé Cánovas Sánchez - delegado do órgano de Historia e Cultura Naval do museo naval de Ferrol - que leva por título "A cultura marítima e naval en Galicia". E xa pola tarde, ás 19 horas, Miguel San Claudio Santa Cruz - arqueólogo e submarinista - falará do "Patrimonio subacuático na ría de Laxe" e vistarase a tumba da familia Dowell.
- O restaurante Praia de Quenxe, de Corcubión, volve a abrir as súas portas. Farao hoxe, a partir das 19 horas, cunha gran festas de inauguración.
- O centro social de Cee celebra esta fin de semana un Festival no que non faltará a música e o baile tradicional, o teatro nin o humor.
- XXXVI Día da Muiñeira de Carballo. Este domingo, 4 de xuño, acolle o día da muiñeira organizado pola AC Nemeth no que participan unha gran cantidade de bailadores e bailadoras da
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)