Martes. 07.05.2024
El tiempo

As festas e o bo tempo apodéranse da #AxendaCostadaMorte

As festas e o bo tempo apodéranse da #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-15-xuño-2018 Chega unha fin de semana cargada de festas e de bo tempo. Antes de ver polo miúdo cada unha das citas da #Axenda da Costa da Morte, repasamos o parte costeiro de Meteogalicia.

Parte meteoróxico

Unha fronte atrasará esta mañá a Costa da Morte deixando unhas choivas febles en forma de orballo provocando unha visibilidade regular no mar, as temperaturas non sufrirán cambios significativos que se situarán entre os 16 e os 18º e os ventos serán moi frouxos durante todo o día. Xa pola tarde, desaparecerán as choivas para dar paso a uns ceos anubrados. O sábado e o domingo os ceos xa están totalmente despexados, con temperaturas entre os 19 e os 20 grados e xa o domingo agárdase unha subida que fará que superemos os 20º. No mar non hai ningún tipo de aviso.

Festas

  • San Xoán de Carballo. Durante a fin de semana haberá varias citas en Carballo con motivo do San Xoán. A primeira será mañá pola tarde (17:30 e 19:00) coa V gala de Baile de Salón e Ritmos Latinos no Pazo da Cultura. Pola noite, a praza do concello, vibrará co concerto Tributo U2 con U2 Zen Garden. E xa o domingo, será o turno do deporte cunha exhibición de Taekwondo, unha master class de Zumba e a 10k da VIII carreira popular concello de Carballo.
  • Santo Hadrián de Malpica. Esta fin de semana Malpica celebra as festas na honra de santo Hadrián con moita música, actos litúrxicos e unha boa romaría.
  • Festas do Pilar en Suxo. En Suxo (Muxía) celebran esta fin de semana o Pilar con tres días de festa.
  • Festas de san Adrián de Toba. Mañá e domingo hai festa en Toba, Cee, con motivo do san Adrián.
  • Festas en Bazar (Santa Comba). O sábado haberá moita música no lugar de Bazar, en Santa Comba, con sesión vermú, verbena e actividades durante toda a todar para todos.
  • Festas en San Adrián de Castro (Zas). A troula está asegurada esta fin de semana na parroquia de San Adrián de Castro, en Zas, onde mañá e o domingo celebran as festas patronais.
  • Festas de San Antonio en Centiña (Coristanco). En Centiña celebran mañá e o domingo as festas na honra a san Antonio.
  • Festas en Fontecada (Santa Comba). Mañá e o domingo, o lugar de Fontecada celebra as festas de San Martiño con sesións vermú e verbenas.
  • Romaxe de San Adrián da Piña - Sofán. A parroquia carballesa de Sofán prepara a súa Romaxe de San Adrián para este sábado 16 de xuño. Comezará coa tradicional subasta de polos, e haberá moitas misas, “bailes da volta de misa” e verbena.

Fisterra Blues Experience

  • O mellor da música blues reúnese esta fin de semana en Fisterra no marco do Fisterra Blues Experience con tres días de cargados de música que encherá as rúas da vila.

Outras citas

  • Festival Shanti OM en Santa Comba. Esta fin de semana, o edificio multiusos de Santa Comba acolle o III festival Shanti OM no que haberá ioga, música e meditación da man dun sinfín de profesionais do sector.
  • Mesa redonda en Laxe. No marco do programa de desestacionalización do turismo reLAXEse – organizado pola concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe – esta fin de semana terá lugar unha mesa redonda que leva por título “A mina de caolín de Laxe" e que será hoxe ás 18:00 horas no Museo do Mar de Laxe.
  • Presentación dun libro en Muxía. Hoxe, ás 19:00 horas, a biblioteca municipal de Muxía acolle a presentación do libro “Dinamitadas, el despertar de la ironía”, de Ticiana Ghiglione Darriba (Cha).
  • Roteiro micolóxico por Monte Pindo. A asociación Monte Pindo Parque Natural e asociación Micolóxica Pan de Raposo de Cee organizan este sábado unha visita guiada ao Monte Pindo para aprender a recoller cogumelos e comprobar que non só son cousa do outono senón que se dan practicamente todo o ano.
  • Encontro de corais en Baio. A igrexa nova de Baio acolle este sábado, a partir, das 21 horas, o XVI Encontro de Corais organizado pola AMC Pepe Valiña-Coral Xan Mellla de Baio.
  • XXXI Regata Illas Sisargas. Esta fin de semana será o centro da XXXI Regata Illas Sisargas.
  • Clausura baile e música tradicional da A. C. Adro. Este domingo, o auditorio de Baio acolle a partir das 17:00 horas a clausura das clases de baile e música tradicional. Ao rematar haberá pinchos gratis para todos os socios e socias.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Stoupa (Cee) acolle este mes a exposición “Costa da Morte”, do pintor ceense Xoanxo Cespón que pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
  • A sala de exposicións do faro Vilán acolle ata o 31 de xuño a mostra de pintura “Arribando á Costa”, composta por unha serie de traballos adicados o mar e a natureza
  • A Casa da Cultura de Cee acolle dende hoxe e ata o 22 de xuño unha exposición de pintura. A presentación é hoxe, ás 19:30 horas.
  • A sala de exposicións da Casa da Xuventude de Carballo acolle ata o 31 de xullo "O Bululú"; unha exposición de Miolos.

Máis información

Fonte

Comentarios