As festas invaden a #AxendaCostadaMorte

08:10 07/07/16

- Corme celebra mañá a XXIV edición da festa do Percebe, declarada como festa de interese turístico. Dende as 12 da mañá xa estarán a venda os tickets, e tras o pregón de Chema Gagino - cineasta da vila - comeza a exaltación. A charanga BCB de Celanova e a discoteca móvil CDC encargaranse de amenizar a tarde, haberá servizo de gardería infantil e partir das 22 horas verbena.
- Cee: dende hoxe e ata o domingo, Cee celebra as festas do san Cristovo. Ademais da tradicional procesión, que será o domingo, haberá sesións vermú e verbenas a cargo das orquestas Ciclón, América, Ritmo Joven e da disco móbil CDC.
- En Soesto, Laxe, arrincan hoxe as súas festas cunha sardiñada a partir das nove da noite que estará amenizada polo grupo Nebraska e a disco móbil Impacto. Sábado e domingo continúan as celebracións.
- Outra das grandes festas gastronómicas do verán volve esta fin de semana a Vimianzo. A Fagía de Carnés, ou tamén coñecida como a festa dos callos, será mañá sábado. A festa continuará domingo, luns e martes.
- En Cerqueda (Malpica) tamén honran esta fin de semana ao san Cristovo. A música virá da manda da orquesta Solara e do grupo La Bamba e o domingo será o turno da orquesta Alabama.
- O domingo e o luns, Baio é #paradaobrigada. As orquestas Pontevedra, Cinema, Palladium e o Combo Dominicano encargaranse de amenizar as festas do san Cristovo. Tampouco faltará o tradicional concurso para os coches mellor engalanados que fagan a procesión pola vila e unha sesión de fogos de artificio.
- En Lema, Carballo, tamén celebran o San Cristovo estes domingo 10 e luns 11 de xullo, coa Montreal e Manu Tenorio.
- La Bomba amenizará as festas na honra da virxe do Carme que se celebran este domingo en Santa Sabiña, Santa Comba.
- Fisterra: O salón de actos do concello acolle esta tarde, ás 20:30 horas a presentación da novela “Refuxio nas cinzas” de María José Lago Traba.
- Cee: A escritora ceense Rocío Leira presenta mañá, ás 12:30 horas, na librería Ler de Cee o seu último traballo; Obituario.
- Vimianzo: Esta tarde, ás 20 horas, terá lugar na casa da Cultura de Vimianzo a inauguración da exposición fotográfica "Asunción, María e José" de Marcos Rodríguez. A serie fotográfica que percorre a idiosincrasia das xentes da Costa da Morte poderas ver ata o 30 de agosto.
- Dolmen de Dombate (Borneiro) abre todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas. Dispón dun servizo de visitas guiadas en horario de mañá – de 11 a 14 horas – e tarde – de 16 a 21 horas –.
- Torres do Allo (Baio-Zas): o seu horario de apertura ao público é de luns a domingo entre as 11 e as 20 horas. Este ano, como novidade, todos os domingos de xullo e agosto haberá visitas guiadas teatralizadas ás 19:30 horas da man dos Quinquilláns.
- O concello de Vimianzo ofrece visitas guiadas todos os sábados e domingos ás 13 e ás 18 horas nos Batáns de Mosquetín. Ademais, o Castelo de Vimianzo conta con visitas libres de martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 20:30 horas e visitas teatralizadas os domingos de xullo e agosto ás 13 e 17 horas.
- O Forno do Forte, de Buño-Malpica, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos.
- Muros acolle estes días as XII xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar que inclúen unha mesa redonda sobre a contaminación na ría de Muros que terá lugar hoxe ás 12:30 horas na Fábrica de Sel. Ao mesmo tempo, entre hoxe e o domingo, a celebrarase o mercado mariñeiro #murosmiraaomar entre as 11 e as 23 horas.
- VIII encontro Monte Pindo: charlas sobre o Monte Pindo, sendeirismo, carreiras, o Trail, degustacións gastronómicas, paseos culturais en catamarán, comida de confraternidade, música, festa serán algunhas das actividades da oitava edición do encontro Monte Pindo que organiza a asociación cultural, deportiva e recreativa Pedramar.
- Roteiro nocturno polos montes de Pico de Meda (Zas) con Senda Nova. Con pernoctación incluida e cun percorrido de dez quilómetros, aproximadamente, os participantes intentarán desmitificar a figura do lobo.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)