As Letras tamén enchen unha completísima e soleada #AxendaCostadaMorte


Festiletras
Despois a emotiva apertura do Festiletras, durante o sábado teremos o Día das Aldeas Singulares, a Feira de Artesanía, regueifas e tamén a un gran festival de música con Mounqup, Txarango e Igmig. O domingo, máis artesanía, contacontos, e sesión vermú con Terbutalina.
Ademais, a fin de semana complétase en Ponteceso co Mercado Pondaliano.
Laxe, centro cultural e gastronómico
Á I Ruta dos Pinchos Con X de Laxe úneselle un Concerto de blues na noite do venres e varias actividades relacionadas cas Letras Galegas, co espectáculo “Pan con chocolate” na tarde do sábado
Teatro en Zas
Cotinúa en marcha a Mostra de Teatro Afeccionado de Zas coa obra Alen do grupo arteixán Paso de Valverde. A cita o sábado ás 18:00h no Auditorio de Zas.
Festi Lires
Outra das citas da fin de semana será a do Festi Lires. O sábado 19 de Maio, a partir das 20:00 da tarde, churrascada en Lires coa actuación dos grupos de gaitas de Pedras Miúdas, a Orquesta Tomablobos e os regeufeiros Lupe Blanco e Bieito Lobaiirñas. As 22:30, comezan cos locais da escola de música ceesa Proxecto Nordés, Devacas, Tanxugueiras e A Compañía do Ruido.
De verbena
- Festas do Socorro de Verdillo, en Carballo, co Combo!
- Festas de Santa Marta de Coristanco.
- Festas de Santa Lucía de Olveira.
- Festas do Buen Suceso de Fisterra.
Outras citas
- Osvaldo Digón dará un monólogo en Lira.
- Cita Títeres en Dumbría para o sábado ás 19:30h.
- Contacontos en galego en Muxía.
- Homenaxe en Corcoesto ás metsras do rural.
- O sábado, o rock Corner Bar de Cee acolle unha intensa Velada Poética.
- O Celme acolle a noite do sábado un concerto acústico co Little Playtime.
- Vimianzo acolle o domingo unha cita AO son da Muiñeira.
- Pechando a fin de semana de Ruta de Primavera con Senda Nova, o domingo polo Coristanco histórico.