Mércores. 18.09.2024
El tiempo

As obras máis importantes de Carballo danse nos Venres Culturais

As obras máis importantes de Carballo danse nos Venres Culturais
Presentacion dos Venres Culturais de Carballo 2017

É certo que estradas e outras infraestruturas carballesas están sendo obxecto de renovación, están sufrindo obras de remodelación. Pero as obras máis importantes do ano danse no Pazo da Cultural. Así o refrenda a imaxe da cartelería no novo programa dos Venres Culturais, cun escenario cultural en obras e, polo tanto, en proceso de mellora e transformación permanente.

O Concello presentaba onte un programa de 20 representacións que encherán de creación artísica as fins de semana de febreiro, marzo e abril. O director de Agadic, Jacobo Sutil; o director de Producións Teatrais Excéntricas, Quico Cadaval, e o actor e director de Talía Teatro, Artur Trillo, acompañaron ao alcalde Evencio Ferrero e ao concelleiro Marcos Trigo na presentación.

Teatro, rock, arte, espectáculos infantís... Un pouco de todo que permitirá que os carballeses e as carballesas teñan polo menos unha cita por semana de aquí á Semana Santa, e iso sen contar a programación de Entroido.

As entradas custarán entre 2 e 5 euros (poderán reservarse dende 15 días antes da celebración de cada espectáculo). Tamén haberá bonos para sete espectáculos a 21 € (16 € para estudantes con carné, maiores de 65 anos e menores de 12).

Venres Culturais Carballo 2017-Programa Venres Culturais Carballo 2017-Febreiro Venres Culturais Carballo 2017-marzo Venres Culturais Carballo 2017-expo Venres Culturais Carballo 2017-extra

Fonte

Comentarios