As televisións teñen un mes de prazo para resintonizar as súas canles de TDT
Quen mellor que un experto da materia como Ovidio Castro, de Instalacións Ovidio, para contarnos as últimas novidades sobre a TDT.
As televisións teñen un mes de prazo para resintonizar as súas canles de TDT
As cadeas terán que manter emisións simultáneas ata marzo. Este xoves entrou en vigor o decreto do novo plan tecnico nacional da tdt aprobado no derradeiro consello de ministros co que arrancará tamén éste xoves o prazo dun mes que foi previsto polo goberno para que as televisións resintonicen as suas canles.
As comunidades de veciños teñen de prazo ata fin de ano e contarán con axudas cuxo real decreto está pendente de publicación.
Por mandato europeo as televisións teñen que deixar libres antes do 1 de xaneiro do 2015 as frecuencias que ocupan as suas canles na banda de 800mhz para despregar nela as novas redes de telefonía móbil.
O secretario de estado pediulle aos cidadáns que non deixen para a derradeira hora a adaptación das súas instalacións. "Que as comunidades se informen canto antes de cómo e a instalación dos seus edificios e encarguen a adaptación para poder seguir vendo toda a oferta televisiva a partires do 31 de decembro”, así mesmo Calvo-Sotelo respondeu que non hay que esperar ao real decreto de axudas pra poñer en marcha a adaptación. "Non e necesario convocar unha xunta de veciños” poden facéla os propios administradores porque e unha adaptación necesaria e en moitos casos requerirase un nivel de gasto que a propia caixa das comunidades pode asumir, apunta. "Os pagos faránse coa maior rapidez posible”, engade.
A oferta simultánea será ata o 25 de marzo de 2015.
O goberno ten previsto que ata o 31 de decembro de 2014 todolos fogares seguirán vendo todalas canles de televisión. Dende o 1 de xaneiro do 2015, os edificios que teñan adaptado as suas antenas seguirán recibindo o 100% das canles, no obstante aqueles edificios que non se adaptasen, recibirán o 90% das canles.
A federación nacional de instaladores de telecomunicacións (FENITEL) están moi satisfeitos coa liña de axudas aprobada a última hora, despóis de que durante meses o goberno dixese que non ía correr co gasto da reantenización. Fenitel celebra que coas axudas se evitará a competenza desleal dos instaladores non autorizados xa que será preciso ter factura para cobrar a subvención." Aconsella.
- Ovidio Castro, xerente de Instalacións Ovidio.
Artigos relacionados
- Mario Rodríguez: Juasap.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).