Martes. 07.05.2024
El tiempo

As túas festas, sen abusos nin faltas de respecto

As túas festas, sen abusos nin faltas de respecto
Campana de concienciacion de Carballo

Clara e directa é a campaña do Concello de Carballo aproveitando as festas de San Xoán. Unha campaña orientada a sensibilizar á mocidade contra o acoso e as agresións sexuais, por unha banda, e a favor dun consumo responsable de alcohol, por outra. Unha campaña que pretende que asuman como propia as comisións de festas de barrios e parroquias coma aos empresarios/as do sector do ocio nocturno.

A campaña forma parte do amplo e variado programa de accións que desenvolve a Concellaría de Igualdade e Benestar a través do Centro de Información á Muller (CIM) para o fomento da igualdade e contra a violencia machista. “Con estes pequenos xestos –indica a concelleira Maica Ures- pretendemos construír unha sociedade máis respectuosa e igualitaria”.

Deste xeito, co lema “se buscas emocións fortes goza da festa sen abusos, sen acosos e con cabeza”, o obxectivo é lanzar un reto ás mozas e aos mozos para que aproveiten os momentos de ocio e diversión ao máximo, pero sempre con respecto e sen necesidade de consumir alcohol en exceso para pasalo ben.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-circulo-feminista-de-carballo-concentrouse-en-solidariedade-cas-traballadoras-migrantes-de-huelva/ https://quepasanacosta.gal/ata-a-costa-da-morte-se-manifesta-contra-a-sentenza-xudicial-a-manada/

Comentarios