Axenda completa da penúltima fin de semana do 2012


Fin de semana completa, unha vez máis, e xa a piques de pechar este 2012. Coa cabeza xa posta no fin de ano, afrontamos esta penúltima finde con tranquilidade e gañas de marcha. E o facemos con cosas moi variadas, dende festas, a cine, teatro, concertos, gastronomía, festivais de Nadal...
O venres xa comeza a golpe de verbena en Ponteceso, coas Festas de Santo Tomé de Nemeño. Pero ademais teremos doble sesión de cine (en Corme como sempre da man da AVV Eduardo Pondal co ciclo adicado este mes a Yul Brinner; e en Vimianzo coa proxección do Apóstolo.
Ademais, tamén o venres continúa o Ciclo de Teatro de Malpica que chega co Cabaré dos Manicómicos. E para rematar a noite, podemos disfrutar dun bo concerto estilo Elvis en Ponteceso. Un Elvis que repetirá a noite do sábado en Laxe. E pecha as citas musicais o concerto de A Gramola en Vimianzo.
O sábado comeza coa Feira de Produtos Locais de Carnota, na que poderemos aproveitar para facer as compras de Nadal en clave local.
E non podemos esquecer que esta fin de semana tamén en marcha o Concurso da tapa muxiá.
A atrde do sábado terá dous Festivais de Nadal, cun en Vimianzo para os máis peques, e outro en Corcubión con pandeiretas, baile e contos de Nadal.
A fin de semana remata o domingo, e como sempre, poderemos achegarnos a Vimianzo, neste caso á Baíñas, para disfrutar, coa Programación teatral.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).