Axenda completa para pasar unha activa ponte na Costa da Morte


Longa ponte esta da Constitución, que serve para levar con máis alegría este mal tempo. E teremos varios focos de interese, coa marea branca e o nadal xa como protagonistas.
O sábado será un día importante en Lira. Aló acollen Xornadas de homenaxe aos voluntarios, con mesas redondas, exposicións, actividades para nenos, un recital poético, un festival musical e cultural e mesmo un xantar solidario.
E xa empezan a sentir os Programas de Nadal municipais, como este mesmo xoves 6 de decembro coa apertura do programa Rompe a Rutina de Dumbría e unha sesión doble en Buxantes e Dumbría. Un programa que repetirá venres, sábado e domingo, con actividades para todos os públicos.
Xoves e sábado teremos unha boa cita en Muxía, coas visitas guiadas aos mosteiros de San Martiño de Ozón e Moraime. Ademais, o venres poderemos asistir á inauguración da mostra colectiva Miradas, na vila da Barca.
Non faltarán as Festas nesta ponte, e chegan con forza, como as Festas de Xornes, en Ponteceso, que venres e sábado encherán de música a zona. Ollo, que o venres estarán París de Noia e Panorama... aí é nada...
A golpe de música tamén poderemos disfrutar do gran Festival de Rock Solidario con Cáritas. A discoteca Zona Zero acolle a cita o venres, e o sábado terá sesión de dj con Dani Veiga.
E música tamén poderemos disfrutar nun novo concerto na Ventana de Laxe.
Ademais, temos Teatro en Malpica o sábado con Panamesiana Teatro, así como unha actuación especial no Celme de Vimianzo co dúo musical Fernando Pardiño e Richi García. Precisamente as citas rematan a golpe de domingo, coma sempre, en Vimianzo, e a actuación de Peter Punk.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).