Axenda completísima na Costa da Morte previa á Semana Santa


Queda menos dunha semana para o comezo da Semana Santa, unha das datas máis especiais e esperadas do ano na Costa da Morte. Pero esta fin de semana previa chega tremendamente completa, e soleada, como nos contan os amigos 4gotas.com:
O venres un novo anticiclón achegarase a Galicia e estará con nós toda a fin de semana. Pero hai que lembrar que anticiclón non é igual a sol.
Nas primeiras horas do venres aínda quedarán nubes en toda a Costa, pero axiña irán desaparecendo da metade sur, porque nos arredores de Malpica, o nordés acumulará moitas nubes (néboas) boa parte do venres.
O sábado durante a mañá irán desaparecendo esas nubes, pero voltarán na tarde, cando tamén poderían chegar ata Muxía. O domingo levantarán a media mañá e quedará o resto do domingo despexado nesa zona da Costa.
Entre Fisterra e Muros, lucirá o sol toda a finde só con algunha nube alta no domingo que deixará un fermoso solpor. Se queredes saber por que se producen eses solpores ou amenceres alaranxados botádelle unha ollada a isto: Anoiteceres laranxas.
As temperaturas máximas estarán irán dos 15-16 graos que haberá preto de Malpica, aos 21-22 en Ézaro, Carnota.
Un pouco de todo
Teremos de todo estes días, con gran repercusión das rutas de sendeirismo, pero tamén con exposicións, teatro, música, poesía, verbena, danza…
Arrincamos a golpe de venres 11 de abril coas inauguracións de dúas exposicións, a de ”Corcumbión” na vila de San Marcos, con música e fotos; e a de Fotografía na Casa da Cultura de Vimianzo sobre a nosa terra. Haberá tempo para reflexionar na Xornada de debate sobre desastres en Muxía, e para disfrutar da Primavera enDanza de Carballo, dunha obra de teatro local en Santa Comba, e dunha orixinal Sesión músico-literaria en Carballo, con Óscar de Souto á cabeza.
Xa en clave de troula, Santa Comba acolle a Festa de Presentación da Orquesta Panorama, unha cita ineludible para os verbeneiros da volta. E para os que prefiran outro tipo de música, Concerto de Castro y Montes en Cee>, de Patxaranga na Ventana de Laxe, o deJusto Lera en Corcubión e de Leö KCh en Sardiñeiro.
A mañá do sábado será para disfrutar a natureza solidariamente, coa Andaina polo concello de Cee, o Roteiro polo Val de Vimianzo cos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Comarca de Soneira como guías, e mais coa Sesión de limpeza do Cemiterio dos Ingleses.
Xa pola tarde-noite irán aparecendo os trasnos por Camelle para disfrutar dun Traskiconcerto despois dun par de charlas, para ir preparando a etapa dominical. Haberá máis danza en Carballo, e o tradicional e festxeiro XIV Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana, que volverá a Corcubión. E para pechar a noite, Concerto do Rebumbio da Costa en Camariñas, cos The Covers Band, e mais Concerto de Sangre de Muérdago en Carballo.
O domingo volverá amencer en ruta, coa 4ª etapa do Camiño dos Faros, entre Laxe e Arou; e tamén ca ruta con Senda Nova polo Son do Anllóns.
Pola tarde, Festival de Danza e Música Tradicional en Fisterra, a última cita danza carballesa para, como non, pechar a fin de semana na cita dominical vimiancesa, co Teatro de Trus.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).