mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda Costa da Morte: 25 propostas culturais e festeiras para unha fin de semana de temporal

Axenda Costa da Morte: 25 propostas culturais e festeiras para unha fin de semana de temporal

E unha fin de semana máis, unha das últimas deste 2012, e chega máis cargada que nunca. A verdade é que sorprende colleitar, en pleno inverno, ata 25 propostas de cara a esta fin de semana do 14, 15 e 16 de decembro. E todo tipo: gastronomía, música, teatro, festas, cine, documentais...

Comeza a fin de semana a golpe de gastronomía, cunha Charla sobre os sabores da historia en Vimianzo, no marco do proxecto "Do mar a Terra", e en clave de "arqueogastronomía".
Pero se falamos de gastronomía temos que apuntar unha das citas máis esperadas, o IV Concurso de Tapa Muxiá, onde 12 establecimentos da vila da Barca ofertarán as súas marabillas. E cómpre lembrar que en Vimianzo seguen cos Menús Gastronómicos de Outono.
E como vai ben de frío, e hai que alimentarse forte, temos tamén unha Festa do Porquiño con cachelos en Cee para o sábado, e un Magosto en Pereiriña para o domingo.

Pero as propostas son moi variadas. O venres, por exemplo, podemos dende acodir á presentación dun libro en Baio ademais de pasar a inagurar a Axencia Municipal de Lectura. Ou podemos achegarnos a Cee a disfrutar dos Documentais de Hipólito Patiño, que nos deixarán, tamén o sábado, as súas visións obre a nosa comarca. E tamén podemos ir ao Cine de Corcubión, na capela do Pilar a ver Fantastic Mr. Fox, ou ao clásico cine de Corme, que neste mes de decembro está adicado a Yul Briner.

Outra das citas é o Festival Benéfico de Muros a prol de Adisbismur do domingo, que completará unha fin de semana tremendamente comprometida co Festival Solidario da Sala Nasmo.
E en clave de música teremos dous concertazos (o de O’Ghaio en Corcubión e o de Sandra Calderón na Ventana de Laxe) ademais das típicas citas corais co IX Festival de Panxoliñas de Laxe, o Concerto de Natal en Corcubión ou do X Memorial Pepe Valiña.

E atentos, que volven as festas! Sábado e domingo Brens está de Festas de Santa Eulalia, con moita verbena.

E atentos que haberá tempo para a poesía coa Presentación dominical da escolma poética versus.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios