Axenda Costa da Morte: Fin de semana de cine, teatro e boa música

08:25 02/12/11

Varias propostas cinematográficas para esta fin de semana na Costa da Morte. Por Vimianzo estrearán esta noite de venres o filme Finisterre, e por Laxe farán o propio a tarde do sábado doa documental "Kaolines de Lage SL", de Manuel Osende.
Pero hai moitas máis citas estes días en clave de música e de teatro. Malpica acolle unha nova sesión teatreira o venres e Vimianzo terá outra o domingo. Ademais, Fisterra ten cita co blues de Professor Turnes & Mississipi, e pola Ponte do Porto teñen cita co jazz fussion.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).