Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Axenda cultural da ponte do Samaín

Axenda cultural da ponte do Samaín

É o Samaín o protagonista da fin de semana. Pero sobre todo o é nas escolas, nas que este venres disfrutarán dunhas sesións de medo arredor desta festa recuperada nos últimos tempos. E precisamente a labor dos centros de ensino está sendo fundamental para recuperala.

Centros como Milladoiro de Malpica, coa súa II Semana das Lecturas Terroríficas, o IES Fernando Blanco, tamén con sesións dramatizadas na biblioteca, ou o propio Concello de Zas con concurso de Murais de Terror, son bos exemplos de recuperación patrimonial.

Pero hai moito máis esta fin de semana. Comezando polo FIOT de Carballo, que afronta a recta final con ata 3 actuacións de sala e toda a fin de semana enchendo os bares de risas.
O venres ademais haberá sesión de cine en Corme.

As citas sabatinas son variadas. Dende a cita gastronómica coa Feira das fabas de Ponteceso, ata a esperpéntica Frikifesta de Vimianzo.
A tarde do sábado estará tomada polo teatro, con citas en Laxe, Muros e, como non, Carballo. Pola noite poderás disfrutar dun concerto en Carballo ou dun monólogo en Cee.

Para o domingo, a tarde comeza co I Encontro de corais da Terra de Soneira na capital, e de seguido máis teatro en VImianzo e a sesión de peche do Festival Internacional carballés.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

comentarios