Venres. 29.03.2024
El tiempo

Axenda da fin de semana con sabor a teatro

Axenda da fin de semana con sabor a teatro

O teatro protagoniza boa parte das citas da fin de semana, se ben a cita principal terá un tinte máis social coa revolución do 15O. E Carballo será o epicentro cultural durante estes días, con 3 actuacións de sala ademais da programación de rúa. O venres toca "Torvaldo Furioso", a cita do sábado será co "Florindo Pensil", e para o domingo toca cita toreira con "Muuu!".
Ademais, o audtorio vimiancés propón unha cita para o domingo nada menos que con Talía Teatro e os seus "Bicos na lingua".

Unha das citas máis interesantes da fin de semana é a conferencia de Manuel Gago en Ponteceso sobre a República dos Homes Libres. A ruta polas terras de Pondal poderase completar coa sesión de cine de Corme, que desta volta terá cita co filme "Un lugar en el mundo", de Adolfo Aristain.

Aínda o vernes, o Boulevard Lounge de Fisterra ten concerto con Vicki Polard, e a axenda musical terá cita o mesmo venres á Ponte do Porto cun concerto dos locais SinKontrol.

Pola súa banda, Muxía collerá o sábado un concerto-monólogo de Víctor Grande.

Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Fonte

Comentarios