Axenda da ponte dos Difuntos con Samaín, gastronomía e moita cultura


Traemos xa hoxe mércores, a Axenda para a longa ponte dos Defuntos.
Unha Axenda que comeza este mesmo xoves 31 de outubro coa espectacular actuación de Els Joglars en Carballo, cita que serve para pechar o tremendo programa deste FIOT 2012. Os máis fans, poderán tomar un café con eles a partir das 18:30 no propio Pazo da Cultura.
A fin de semana ademais está marcada polas impresionantes XII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que convertirán a Escola de Música de Cee nun bosque de cogumelos.
Ademais hai citas, como non podía ser doutro xeito, coas castañas. Como o Magosto de Muros do sábado con castañas, xogos, inchables, música, chocolate... E atentos por Vimianzo, que xa comeza a haber os deliciosos menús gastronómicos.
Ademais, chega algunha cita para celebrar o Samaín, esa festa celta que os irlandeses levaron a EEUU e que os norteamericanos transformaron no Haloween, que a día de hoxe volve ás nosas terras nunha mestura de tradición (que nunca houbo) con modernidade. Unha das citas será en Laxe, na Ventana, onde o o haloween será a ritmo de blues.
Outras das ocasións será en Corcubión cunha gran festa de disfraces. E por certo, música tamén haberá en Fisterra cos Frikipaldis.
Pero teremos outras citas culturais moi interesantes. E hoxe destacamos o Maratón cinematográfico "Spain is Weird" que artella a UCV en Corcubión, con 3 peliculóns da España máis profunda durante a tarde-noite do xoves.
Cine tamén haberá en Corme, co ciclo adicado a Burt Lancaster.
En clave histórica, será o mestre Antonio Leis Castro o que peche o ciclo de conferencias sobre Domingo Antonio de Andrade, falando sobre a a vida e obra do xenial arquitecto ceense.
E como non, non faltará o teatro co comezo do XIX Ciclo de Teatro de Ponteceso ca obra “Ladrón e familia”, do Teatro de Astracán.
Ademais, Vimianzo abre o seu novembro de música cunha cita coral.
Tamén poderemos pasarnos pola Rectoral San Martiño de Ozón onde a Cooperativa Aurora de los Camino propón unha completa fin de semana de horta, charlas e música.
- Axenda Patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo: Coñécenos polo Facebook do El Horreo Rte.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).