Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Axenda de vértigo para a primeira fin de semana de maio

Axenda de vértigo para a primeira fin de semana de maio

Comeza maio e vaia se se nota na Axenda Costa da Morte. Hai de todo para estes días, dende citas gastronómicas, pasando polo teatro, cine, festas, e sobre todo, moitos concertos!

Comezamos en Cee, coas I Xornadas do Porco Celta que se celebrarán no Finis Terrae Centro Comercial ao longo da fin de semana. Hoxe venres tamén hai cita co cine en Corme e concertos en Cee e Muros.

As parroquias vimiancesas de Salto e Serramo están de festas, pero o sábado terá moito máis, como unha cita coral en Camariñas, unha charla e curta solidarias en Cee, unha sesión de Dj de rockandroll de tódolos tempos tamén na vila da Xunqueira, e concertos en Muros e mais en Carballo.

O domingo, coma sempre, e tras pasar por Cee a degustar o mellor Porco Celta, toca teatro en Vimianzo..

Máis información

Fonte

Comentarios