Martes. 19.11.2019
El tiempo

Axenda dunha fin de semana de Mostra

Axenda dunha fin de semana de Mostra
http://antigo.quepasanacosta.gal/axendacostadamorte/

A Mostra de Teatro de Cee é a cita principal desta completísima penúltima fin de semana de agosto. 3 días, pois o programa empezou onte, nos que haberá 5 sesións teatreiras diarias. Un luxo que parece non poderemos disfrutar máis...

Outras das citas culturais máis potentes dase en Carballo, co completo programa da Praza dos Libros. E tamén novedosa da actuación dos Desastronauts en Muxía.
E unha das cita máis simbólicas e emotivas do verán terá lugar na Praia dos Cristais de Laxe, co Solpor Poético.

Para festas, destacamos as Festas do Mar de Malpica, que terán de todo. Atentos á sempre impresionante Romaría de San Roque do Monte de Mira, en Zas, e mais ás Festas de Traba ou a Romaxe de Coiro, Mazaricos.
E atentos á fermosa Romaría da Cachelada de Mallou-Maceiras, en Carnota.

Non faltará a música. O venres filme galego "Vilamor" na Praza da Ribeira, (tamén se proxectará en Fisterra) e de seguido, cine de Cary Grant na AVV Eduardo Pondal.
Precisamente en Corme terán festa o domingo, co divertidísimo Entroido de Verán.


Máis información

Fonte

Comentarios