Axenda dunha reivindicativa e solidaria fin de semana na Costa
Chega a fin de semana con ton solidario e reivindicativo. Dúas citas sobresaen na fin de semana focalizadas no sábado 14 de abril. Así, o 14A toca sesión reivindicativa, e #IMOS ata o Monte Pindo de manifestación polo Parque Natural, partido da fervenza do Ézaro e chegando á praza do Pindo.
Pola noite, toca cita solidaria con Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía en Corcubión, pero ollo, que xa non hai entradas...
Antes, a golpe de venres, será Lira o centro de atención. Pola tarde, toca presentación do libro Cita en Fisterra e pola noite porán o punto final ás Festas dos Remedios. Ademais, na outra punta, Carballo ten unha nova cita musical. E tamén terá lugar na tarde-noite do sábado o I Encontro de Corais de Camariñas.
O sábado complétase con unha sesión de títeres en Cee e nada menos que co Festival Castelo Rock Expresso de Muros.
O domingo quedará unha boa tarde para ir ao teatro en Vimianzo.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Cines A Xunqueira de Cee
Esta fin de semana no Finis Terrae Centro Comercial poderemos ver as seguintes películas:
- Ira de Titanes 3D - Sala 1 (17:45, 20:15 22:45).
- Lorax. En busca de la trúfula perdida - Sala 2 (17:45, 22:45).
- Blancanieves (Mirror, Mirror) - Sala 2 e 3 (17:45, 20:45).
- Titanic 3D - Sala 3 (20:15).
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).