Axenda reivindicativa e festexeira da fin de semana do San Adrián


Segundo fin de semana de xuño que se presenta na Costa da Morte ben reivindicativa, pero tamén festexeira e musical. Temos que comezar falando xa do xoves cultural contra a LOMCE, da manifetación a prol do aborto deste venres en Cee, e mais enviamos o noso apoio aos afectados polas preferentes que este venres estarán unha vez máis berrando na rúa polos seus aforros.
E xa en clave festexeira, estamos na fin de semana do San Adrián, e temos varias citas na Costa para celebralo. Así, poderemos acodir as Festas do San Adrián de Malpica, ás Festas de San Adrián de Toba, e mais as Festas de San Adrián do Castro, Zas. Días de verbena e orquestras que se completarán coas Festas do Pilar de Suxo, Muxía, e mais as Festas de San Antonio de Baíñas.
Teremos tamén doble cita co sendeirismo, un dos protagonistas do verán costeiro. O sábado o Centro Social de Cee artella unha ruta polo Pindo, e o domingo a 4ª etapa do Camiño dos Faros, que unirá Laxe e Arou.
Pero voltamos á noite de venres que chega cargada de música. Curiosamente teremos dous concertos en Sardiñeiro, un concerto a golpe de blues no Rumbo, e un simpático concerto no Lestón cos da Ría. Ademais, en Cee poderemos disfrutar do concerto de Narf.
Teremos un par de citas máis culturais o venres, coa demostración de artesanía en vivo dos usuarios de Íntegro no Faro Vilán, ou a cita co cine árabe na Capela do Pilar de Corcubión.
A propia Capela corcubionesa repite o sábado cunha sesión de debate e documentais "Do Casón a Nunca Máis". Ademais, a tarde estará copada polo V Festival de Baile Galego de Carnota, onde centos de pequenos e maiores invadirán, cos seus atuendos rexionais, o campo de Lombáns. E para pechar a noite, e os que non gusten das numerosas verbenas, teñen o IX Encontro de Corais en Baio ou o Concerto en Carballo.
En clave coral tamén hai unha cita moi interesante o domingo, coa celebración das 1.000 actuación da Coral Virxe da Barca precisamente no santuario muxián.
E como non, para rematar a fin de semana, cita cos pequenos da Escola Infantil Municipal en Vimianzo.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).