mércores. 14.05.2025
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Moitas alternativas ao fútbol

#AxendaCostadaMorte: Moitas alternativas ao fútbol

Nós, esta fin de semana imos estar ocupados na Gala de Presentación do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Pero para os que non sexan tan futboleiros, a Costa da Morte depáralles numerosas actividades que recollemos, coma sempre en www.axendacostadamorte.com.

Pero antes imos ver o tempo cos compañeiros de 4gotas.
A fin de semana na Costa seguirá marcada polo influencia anticiclónica e polo vento do nordés. Soamente rolará un chisco ao norte o sábado pola mañá, cando o anticiclón se retire un chisco e permita a chegada dalgún chuvasco illado na mañá do sábado (na tarde do sábado, aos arredores de Malpica tamén podería chegar algún moi illado).
No resto da fin de semana predominará o sol. Tanto o venres, coma todo o domingo o ceo estará azul, especialmente de Muxía cara o sur. Cara o norte, veranse algunhas nubes máis, pero sin chuvia tamén o domingo.
O vento será moderado toda a finde e as temperaturas non pasarán dos 14ºC no mediodía, con mínimas aorredor dos 7-8ºC na costa e 3-4 no interior.

Comeza a fin de semana o venres 29 de novembro coa sesión vermú das Festas de San Sadurniño do Ézaro, que continúan con verbena nocturna e durante todo o sábado. Para os menos bailongos, teremos tamén cita teatreira en Malpica, unha sesión de lectura en Corcubión, ou un divertido monólogo en Cee.

Para o sábado, temos que recomendar o Recital de Poetas da Costa da Morte "Versos comarea", que se celebrará en Muxía. Pero antes, pola tarde, podemos disfrutar dos últimos cogumelos da tempada nas Xornadas Micolóxicas de Olveira, en Dumbría. Teremos tamén pola tarde teatro infantil en Fisterra e a presencia de Badius Teatro en Malpica.

E unha das citas máis grandes da fin de semana será sen dúbida, o monólogo de Carlos Blanco na Ventana de Laxe.

Para o domingo quedaranos a ruta de sendeirismo polo Monte Neme con Senda Nova, e como non, a cita dominical de Vimianzo, que arrinca este mes de Nadal con unha Viaxe de Danza.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios