Martes. 17.09.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Música e libros para recibir á primavera

#AxendaCostadaMorte: Música e libros para recibir á primavera
AxendaCostadaMorte 21-03-14

A música e os libros serán os protagonistas desta fin de semana na que recibiremos a privamera. Pero parece que o tempo cambia, e que non teremos tanto sol como nas últimas semanas. Os compañeiros de 4gotas.com traénnos o parte meteorolóxico:
O venres será un día chuvioso. Especialmente durante a madrugada e as primeiras horas. No final da mañá e na tarde non choverá, pero na noite volverán os chuvascos.
Xa notaremos un descenso das temperaturas o propio venres, pero o sábado será máis acusados. Eses chuvascos virán acompañados de saraiba e dalgunha treboada.
O domingo continuará o frío, pero as chuvias só aparecerán na madrugada e especialmente na parte norte da Costa. A partir do mediodía non choverá, e abriranse grandes claros, pero ollo que as chuvias volven o luns.

Fin de semana de libros e música

Nada menos que 4 citas de concertos temos esta fin de semana anotados en www.axendacostadamorte.com. Arrincaremos o venres, co Festival RockCarballo, unha aposta pola música de Bergantiños coa presencia de ata 14 bandas locais.
E para o sábado teremos a segunda noite de concertos dO Rebumbio da Costa, con 3 bandas que encherán de rock a Cola da Rá, en Corcubión. Ademais, en Carballo teremos a Combo Dinamo e en Vimianzo a Carlos Bau.

Pero voltamos ao venres porque o mercado de Muxía será tomado polos libros, mentres que o sábado o “árbol dos libros” trasladarase a zona do porto, no marco da proposta "Bookcrosing -Sembra libros".
O venres pecharase tamén cun monólogo en Cee.

O sábado comezará cunha nova xornada #limpandoasnosasrías, que consistirá nunha sesión de limpeza de plásticos da praia Mar do Rostro.
Xa na noite sabatina teremos as Festas de Santa Uxía do Ézaro, con sesión vermú e verbeneo, e mais un monólogo, de Fede Pérez, en Malpica.

E como non podía ser doutro xeito, a fin de semana péchase ca cita dominical de Vimianzo, que segue no Mes das Contadas, cos contos de Evaristo Calvo.

Máis información

Fonte

Comentarios