venres. 06.06.2025
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Música, teatro, cine e sendeirismo para fin de semana

#AxendaCostadaMorte: Música, teatro, cine e sendeirismo para fin de semana
Unha Axenda de música, teatro, cine e sendeirimos na Costa da Morte

Chega frouxa esta fin de semana de novembro, con protagonismo musical e das rutas de sendeirismo na Axenda Costa da Morte. Pero antes de repasalas, escoitamos aos amigos de 4gotas, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro, no que nos invitan a aproveitar o venres...:
O venres será o mellor día da fin de semana. Teremos máis claros ca nubes e temperaturas máximas aorredor dos 20ºC.
O sábado cambia o conto. Chegarán chuvias na madrugada e choverá durante todo o día e por intres, de forma intensa.
Entre a tarde do sábado e a do domingo, zoará con forza o vento do norte. Acadará a Forza 8 no mar, refachos en terra de 80-100km/h e as chuvias no domingo serán intensas entre Malpica e Muxía, sendo moi ocasionais desde Fisterra a Muros.
Na finde volverán baixar os termómetros e as máximas quedarán aorredor dos 15ºC.

De música

Varias, e dispares, son as propostas musicais para estes dúas. Comezamos polo venres, cun par de concertos polo norte da zona. Estará a coñecida Silvia Penide en Carballo, ao tempo que por Laxe teremos o concerto dos Irmáns Piñeiro “ó desnudo”.

Xa o sábado poderemos disfrutar dun Concerto Lírico na Igrexa Parroquial de Muxía. E máis en clave roqueira, poderemos tamén achegarnos ata Cee para ver o concerto de Brais Redonda. E a fin de semana pecharase en Vimianzo co concerto do actor galego Xabier Deive e a súa guitarra.

Segue outono co teatro

E como non, o teatro segue sendo protagonista. O venres teremos cita máxica en Malpica co Mago Teto. E tamén en clave de maxia, Tito Róber ofrecerá o seu monólogo en Cee.

O sábado continúa o Ciclo pontecesán e estará no Couto a compañía Cultura Activa cunha revisión da historia de Robinson Crusoe.

De cine

E non será allea á Costa da Morte á estrea na gran pantalla, e coma se dunha gran produción de Hollywood se tratase, do filme galego "A Esmorga". Teremos ocasión de vela nos Cines de Carballo e Cee.

De ruta

E para os amantes da natureza, novas saídas fermosas para coñecer as nosas paraxes. O sábado teremos ruta guiada polos secadoiros de congro de Muxía. E o domingo, polo norte, Ruta das Férvedas de Carballo con Senda Nova, e polo sur 7ª etapa do Camiño dos Faros entre Muxía e Nemiña.

Disfruten!!

Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios