martes. 22.04.2025
El tiempo

#AxendaCostadaMorte nunha fin de semana audiovisual

#AxendaCostadaMorte nunha fin de semana audiovisual
Axenda Costa da Morte 18-04-15

Completa a Axenda Costa da Morte deste ecuador do mes de abril, marcada pola cita que converte Bergantiños na capital mundial do Audivisual. Pero antes de debullar as citas, traemos o exclusivo parte costeiros que nos mandan os amigos de 4gotas.com, que xa nos avisan de que toca unha finde "tipicamente primaveral":
O venres unha borrasca, moi pequeniña, pero matona, achegarase a Galicia. Ao seu carón chega unha fronte fría que deixará chuvias persistentes na madrugada do venres, mesmo acompañadas dalgunha treboada illada e deixaranos unha fin de semana moi revolta.
A borrasca acabará por situarse enriba de Galicia o sábado. Non deixará nada de vento, pero pola contra, si chaparróns espallados no tempo, pero de certa intensidade no momento que caian. Os máis intensos, mesmo con treboadas ou saraiba, ocorrerán o sábado no mediodía e primeiras horas da tarde entre Fisterra e Muros e tamén no interior (Dumbría, Zas, Mazaricos, Vimianzo), sendo máis frouxos nos arredores de Malpica.
O domingo as chuvias serán algo máis persistentes, pero menos intensas e caerán en calquera punto da costa.
Fin de semana polo tanto,que virá marcada pola presenza de moitos arcos da vella...

A regueifa audiovisual

3 días de completa regueifa audiovisual neste II Festival Carballo Interplay. Os 16, 17 e 18 de abril de 2015, Carballo convírtese na capital mundial da produción, coa proxección de 43 webseries, charlas, obradoiros… e moito máis.

Un venres variopinto

Pararelamente podemos arrincar a fin de semana probando a gastronomía xalleira e corcubionesa na última fin de semana da Ruta das tapas de Santa Comba e o Concurso de Pinchos de Corcubión, moi recomendables.
Pola tarde, alimentarémonos pero a alma, cos poemas de María Lado e o seu libro “Oso, mamá si?”, que se presenta na súa casa, en Cee.

Ademais, xa tirando á noite, teremos a primeira cita coa Mostra de Primavera en Danza de Carballo, co espectáculo galego das Driadas.
E xa de noite, poderemos achegarnos á Ventana de Laxe para disfrutar do Concerto de Querido Extraño.

Finde de natureza

Facemos parada especial nas citas co sendeirismo pois teremos 3 fermosas saídas. Toca Andaina por Camariñas a golde de sábado, mentres que o domingo poderemos facer unha Ruta polo son do Anllóns con Senda Nova, ou percorrer o litoral costeiro cos trasn@s na 3ª etapa do Camiño dos Faros.

Un sábado de teatro, música e festa

Para o sábado teremos a nova obra de Badius Teatro que se estrea en Zas, teremos tamén ao Teatro do Morcego na Casa da Cultura de Cee ao tempo que arrinca a IX Mostra de Teatro Xosé Agrelo en Muros, co espectáculo de Ímolandando Teatro, de Abelleira.

Ademais, xa pola noite, teremos tamén en Muros o Concerto Cavernícola e mais o Concerto de Fernan&Ponce en Vimianzo. Pero se queremos verbeneo, toca ir á Festa da Amistade en Sardiñeiro.

Un domingo cultural

E xa para pechar a fin de semana, teremos novo espectáculo de Danza en Carballo e, como non, a cita teatreira dominical de Vimianzo, con Theatron e a súa leria con Castelao.


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios