Martes. 17.09.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte: Setembro arrinca a golpe de verbena

#AxendaCostadaMorte: Setembro arrinca a golpe de verbena
http://www.axendacostadamorte.com/ Non decae #AxendaCostadaMorte neste comezo de curso. A primeira fin de semana de setembro vén cargada de todo un pouco, cunha marea festa, pero tamén algún que outro concerto e varias citas cabalares.

Pero antes, vemos como vén o tempo para a fin de semana co parte meteorolóxico dos amigos de 4gotas:
O venres amencerá con moitas nubes entre Muros e Fisterra, máis despexado cara o norte. A partir do mediodía o ceo alternará as nubes e os claros en toda a Costa e con boa temperatura.
Na finde aumentarán as temperaturas, pero tamén achegarase unha borrasca e inestabilizará a atmosfera. O sábado é moi probable que haxa chuvias entre Muros e Fisterra durante a tarde e mesmo algunha treboada cara o interior. O domingo repetirase a situación treboenta. Seguirá a sensación de abafo e durante a tarde haberá treboadas case en calquera punto da Costa. En xeral serán illadas, pero poden caer en calquera punto.
O vento será do sur frouxo toda a finde, agás na tarde do sábado onde soprará moderado.

Marea de Festas

Parrandeiros, menuda listaxe de festas temos para esta fin de semana. Xa o venres arrincamos con varias das grandes, como as Festas de Baio, as Festas do Santísimo Cristo de San Mamede, en Carnota, as Festas de O Esto, en Cabana arrincando coa Festa do Porco ó espeto; e as Festas de Baíñas.

Pero non queda aí a cousa, porque a partir do sábado toca ir ás Festas Patronais de Fisterra, ás Festas das Neves en Buxantes, Dumbría; toca Festas de San Ramón de Vigo-Mallas, Fisterra; e tocan as Festas da Milagrosa, no activo barrio carballés.

Tres citas musiqueiras e unha literaria

Ademais da verbena, os amantes da música poderán achegarse a Laxe, coma sempre Á Ventana, para disfrutar o venres do concerto indie-folk de Caxade. Para o sábado dúas propostas: Concerto de Pablo Yeyo en Cee, e Concerto de Zeros en Louro.

Ademais, o domingo ao mediodía en Muros terá lugar a presentación do novo libro de José Manuel Bermúdez.

Amor aos cabalos

Curioso que este domingo se dean dúas cabalares pola volta. Teremos o I Concurso Cabalar de Dumbría. E ademais, en Muxía, terá lugar a VIII Xuntanza de Cabaleiros de San Isidro de Quintáns.


Máis información

Tendes toda as citas debulladas en:


Fonte

Comentarios