Martes. 05.11.2024
El tiempo

#Bibliotouno enche de variedade o Rego da Balsa

#Bibliotouno enche de variedade o Rego da Balsa
Por cousas coma estas é a segunda biblioteca máis usada de Galicia. A Biblioteca Rego da Balsa comeza o curso co novo programa #biblioutono, unha completa e variada proposta de actividades que segue a liña do “Conéctate coa biblioteca”. Comezan as citas este venres 15 ás 20 horas, adiantándonos ao cambio de estación, coa presentación do poemario “No te hagas el muerto”, o último traballo da mestra de música e literatura Carolina Otero, que estará acompañada no acto pola escritora Rosalía Fernández Rial. O xoves 21 teremos con nós a outro poeta, Álvaro Antelo, un escritor local que non podes perder. Pero, como na Biblioteca Rego da Balsa sabemos que a literatura e a cultura adoptan as formas máis diversas, dende aquí e ata o 29 de novembro teremos música, teatro, obradoiros, foros, audiovisuais... e ademais darémoslle voz a distintas iniciativas humanitarias. Todas as actividades son de balde, pero para as infantís é preciso recoller convite previamente. Magín Blanco, Elefante Elegante e Trinke Trinke ofrecerán algunhas esas propostas pensadas para os máis pequenos e pequenas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios